FESTAS
Cora Novoa, Seeking The Velvet, cabeza de cartel do Concerto das Bandas Galegas no Apóstolo
A praza da Quintana volverase encher de música con orixe galega no Concerto das Bandas Galegas. O espectáculo, unha das citas consolidadas nas festas do Apóstolo, será o próximo xoves, 26 de xullo. Ao escenario da praza da Quintana subirán cinco bandas e artistas de estilos moi diferentes "para mostrar a riqueza e a calidade da nosa produción musical".
FESTAS
Ritmos africanos e o jazz-flamenco de Antonio Lizana, nunha nova xornada das festas do Apóstolo
A música africana e o jazz-flamenco serán os protagonistas da xornada de mañá luns nas festas do Apóstolo, con cadanseu concerto na praza da Quintana e no Toural. No primeiro dos escenarios actuarán Ogun Afrobeat e Timbila Muzimba, mentres que polo Toural pasará o espectáculo de Antonio Lizana.
FESTAS
Relevantes citas musicais e co traxe galego no primeiro fin de semana do Apóstolo
A programación das festas do Apóstolo desta fin de semana trae varias citas musicais destacadas, con concertos de Guadi Galego e da Banda Municipal ou o Beat Fest. Ademais, o sábado e o domingo, respectivamente, celebraranse dous dos eventos máis tradicionais das festas, o Día do Traxe Galego e a Festa do Escalo.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicados tres proxectos dos Orzamentos Participativos "Compostela Decide" de 2017
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe tres dos proxectos que resultaron seleccionados no proceso de Orzamentos Participativos de Compostela Decide de 2017. Foron, en concreto, as obras de accesibilidade en Fontiñas e a modernización das instalacións de iluminación nos pavillóns deportivos de Vite e Fontiñas. As tres actuacións suporán un investimento total de case 120.000 euros.
IGUALDADE
O Concello habilita un Punto Lila de información e atención sobre violencias machistas durante as festas
As mulleres que participen nas festas do Apóstolo contarán cun Punto Lila de información e atención sobre as violencias sexuais. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Igualdade, Marta Lois, nunha visita a este espazo, situado na praza do Toural.
ALCALDÍA
A música e os fogos, protagonistas do espectáculo pirotécnico e audiovisual do 24 de xullo
Proxeccións audiovisuais con efectos 3D, música, efectos lumínicos e fogos artificiais volverán protagonizar os Fogos do Apóstolo, que o Consorcio de Santiago adxudicou á empresa Acciona Producciones y Diseño. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o espectáculo, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola xerente do Consorcio, Belén Hernández, e por Sheila Menéndez, responsable do proxecto, e Javier García, director artístico.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o proxecto de rehabilitación do futuro centro cívico da cidade histórica
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de rehabilitación do local da praza de Salvador Parga que se vai converter no futuro centro cívico da cidade histórica. As obras terán un orzamento máximo de licitación dalgo máis de 280.000 euros e un prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde recibe os nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros/as integrantes recibiu as nenas e nenos participantes no programa Vacacións en Paz.
FESTAS
O Certame Folk con Leilía e a actuación de Liridade Noctámbula, protagonistas deste venres do Apóstolo
A xornada deste venres nas festas do Apóstolo ten dúas citas centrais. A primeira, na Quintana, é o Certame Folk patrocinado por La Voz de Galicia, que chega xa á súa sétima edición. A segunda, o concerto de Liridade Noctámbula, no marco do ciclo Compostela É! Música, na praza do Toural.
PLENO
O Pleno aproba retirar as condecoracións recibidas por nove ministros da ditadura franquista
O Pleno da Corporación aprobou hoxe a entrega dos títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago a diferentes persoas e entidades vinculadas coa cidade, así como o inicio do procedemento para a retirada das condecoracións recibidas no seu día por nove ministros da ditadura franquista. A proposta, que contou cos votos favorables de Compostela Aberta, PSOE e BNG e a abstención do PP, tamén incluíu a designación de seis rúas da cidade cos nomes doutras tantas mulleres, e as denominacións do parque de...