DEPORTES

Uns 180 deportistas competirán no Campionato Galego de Ciclocross

21/12/2011

A Granxa do Xesto será o escenario do Campionato Galego de Ciclocross, que se celebrará o sábado 24 de decembro, a partir das 10.30 horas. Uns 180 deportistas participarán nesta proba nas súas oito categorías: cadetes, féminas, júnior, elite-sub 23, máster 30, 40 e 50 e sénior. Repartiranse uns 1.000 euros en premios.

Ler máis

CULTURA

A Real Filharmonía e o RIAS Kammerchor interpretan "O Mesías" de Haendel

21/12/2011

A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do mestre Ros Marbá e o berlinés RIAS Kammerchor , considerado como un dos mellores coros de Europa, interpretan o xoves 22 sobre o escenario do Auditorio de Galicia O Mesías de Haendel. Farano a partir das 21:00 horas nunha das citas máis importantes do programa de abono e para a que xa están esgotadas as entradas. Como solistas actuarán a soprano Elena de la Merced, o alto Carlos Mena, o tenor Benjamin Hulett e o barítono Josep Miquel Ramón.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago presenta a súa nova aplicación da cidade apta para dispositivos móbiles Apple e Android

20/12/2011

A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou a nova aplicación para dispositivos móbiles de Turismo de Santiago, na que se condensa toda a información de interese turístico da cidade, incluído un innovador sistema de xeolocalización, que permite aos usuarios orientarse pola cidade e situar os recursos turísticos, como hoteis, restaurantes e monumentos.

Ler máis

CULTURA

Catro concertos en Todo Lírica, que comeza con Ximo Tebar & IVAM Jazz Ensemble

19/12/2011

Co Nadal chega de novo Todo Lírica, un ecléctico ciclo de concertos creado no 2001 co nome de Festival de Zarzuela de Santiago, que segue habitualmente o formato de recitais de voz e piano, e que cada ano vén ampliando os seus contidos a outros xéneros musicais. O ciclo, que se celebra do 23 de decembro ao 3 de xaneiro con catro concertos, foi presentado polo concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

Ler máis
Compartir: