TRÁFICO

Vinte e cinco condenados por delitos viarios reinsírense con formación

24/11/2012

Clausurouse o primeiro curso impartido na cidade para substituír as horas de traballo social por un programa educativo. Os 25 alumnos que durante as últimas catro semanas participaron neste curso, destinado a condenados por delitos viarios, non só cumpriron nunha aula a condena de traballos comunitarios que lles impuxo a xustiza, senón que ademais aprenderon a cuestionarse a súa propia conduta ao volante e a comprender o alcance que pode ter unha infracción.

Ler máis

EDUCACIÓN

Remata o prazo de inscrición no programa de conciliación de Nadal organizado por Educación en tres centros escolares

24/11/2012

O luns 26 remata o prazo de preinscrición no Programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2012. A iniciativa comprende un conxunto de actividades, que se desenvolverán nos CEIP Ramón Cabanillas, Pío XII e As Fontiñas, dirixidas aos nenos e nenas de educación Infantil e primaria do municipio de Santiago. As datas de realización son os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística convida os centros escolares a sumarse ao Club de Debate

23/11/2012

Os concelleiros de Normalización Lingüística dos concellos de Santiago, Rebeca Domínguez; de Ames, Eugenia Martín; de Teo, Carme Hermida; e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, presentaron en rolda de prensa a fase comarcal do Club de Debate. Iníciase así a segunda edición deste certame, cuxa posta en marcha se concretou nunha addenda ao protocolo de colaboración existente asinada o 16 de novembro polos representantes dos concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.

Ler máis

MULLER

Nenos e nenas de 20 colexios colgaron 5.300 siluetas na praza do Obradoiro contra a violencia de xénero

23/11/2012

Para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres, este 25 de novembro, rapazas e rapaces de mais de 20 colexios de Compostela colgaron na praza do Obradoiro 5.300 siluetas. No fondo branco desas siluetas puxeron palabras en positivo como amor, amizade ou cariño e, no fondo negro, palabras negativas que queren desbotar como violencia, opresión ou submisión.

Ler máis

TURISMO

Convocada a XVIII edición do Premio de Investigación Antonio Fraguas

23/11/2012

A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela convoca a XVIII edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego Tradicional. Unha vez máis premiaranse os mellores traballos descritivos e analíticos sobre esta indumentaria.

Ler máis
Compartir: