XUNTA DE GOBERNO

Actualizadas as tarifas dos estacionamentos de Xoán XXIII e Belvís

20/12/2012

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a actualización das tarifas dos estacionamentos de Belvís e de Xoán XXIII. Ademais, deuse conta da resolución da convocatoria de cheques de consultoría posta en marcha pola Concellería de Comercio no marco do programa Urbana Santiago Norte.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde expresa ante os traballadores municipais o seu desexo de que en 2013 se albisque un "horizonte de esperanza"

19/12/2012

Celebrouse no salón vermello de Raxoi a tradicional recepción de Nadal aos traballadores municipais, presidida polo alcalde compostelán. Tanto Ángel Currás como a concelleira de Persoal, Amelia González, expresaron o seu desexo de que, tamén para os funcionarios públicos, o 2013 sexa menos dificultoso que o 2012 e que no novo ano se albisque un "horizonte de esperanza" fronte á crise económica.

Ler máis

CULTURA

Quince novas propostas no ciclo Compostela Rock para o ano 2013

19/12/2012

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do Compostela Rock para o ano 2013. Son 15 propostas musicais en diferentes lugares da cidade as que se presentaron agora e que irán aumentando ao longo do ano con novos concertos. Inaugúrase a programación do Compostela Rock 2013 con El columpio asesino, unha das bandas de moda do panorama indie español, que chega dende Pamplona á Sala Capitol o 10 de xaneiro para pechar a xira de presentación do seu disco Diamantes.

Ler máis

ECONOMÍA

ADNteen fomentará o espírito emprendedor entre os mozos de 12 a 14 anos

18/12/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a presidenta de ADNideas, María Bobillo, presentaron ADNteen, un programa de fomento da cultura emprendedora entre os estudantes do Ensino Secundario, de 12, 13 e 14 anos. Trátase dun programa pioneiro en Galicia, organizado por ADNideas e coa colaboración do Concello a través do programa municipal Santiago Investors Support. Celebrarase os días 26, 27 e 28 de decembro no edificio Cersia.

Ler máis

DEPORTES

Xornadas no Restollal para promover a práctica da ximnasia rítmica

18/12/2012

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Campus de Nadal Rítmica Compostela, que se celebrará durante as mañás dos días 26, 27 e 28 de decembro no pavillón do Restollal. Estas xornadas, organizadas polo Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, pretenden promover a práctica deste deporte na cidade.

Ler máis
Compartir: