TURISMO

As pernoctacións en Santiago subiron un 27,3% no mes de marzo

25/04/2013

Durante o pasado mes de marzo producíronse 72.845 pernoctacións na cidade, que representan un crecemento do 27,3% respecto ás 57.210 do mesmo mes do ano anterior, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). O crecemento apoiouse en importantes aumentos de pernoctacións tanto domésticas como internacionais.

Ler máis

PLENO

A Corporación aprobou inicialmente o orzamento municipal para 2013

25/04/2013

Nunha sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o orzamento municipal para este exercicio 2013, así coma o seu cadro de persoal. Tamén se deu conta da liquidación do orzamento de 2012 nesta sesión extraordinaria, que precedeu á ordinaria e na que tamén tomou posesión como concelleiro o popular José María Rosende Rico.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Última conferencia do Santiago Futsal na Casa das Asociacións de Cornes

24/04/2013

Hoxe mércores, ás 19:30 horas, na Casa das Asociacións (Cornes), celebrarase a ultima sesión do ciclo de charlas que se veu realizando nos centros socioculturais a cargo do Santiago Futsal. Con este ciclo pretendíase achegar aos cidadáns unha visión máis próxima do traballo realizado no Santiago Futsal, tanto a nivel deportivo como médico, psicolóxico, etc.

Ler máis

TURISMO

Os concellos da Área de Santiago asinarán un convenio de colaboración para a súa promoción turística conxunta

24/04/2013

Os Concellos da Área de Santiago celebraron a súa cuarta reunión de traballo para continuar afondando nas liñas de actuación conxunta para a posta en valor e promoción dos seus recursos turísticos. O Grupo está composto actualmente por 17 concellos: A Estrada, Ames, Boqueixón, Brión, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces. Entre eles suman preto de 250.000 habitantes.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago organiza unha viaxe de touroperadores irlandeses

24/04/2013

Dez touroperadores irlandeses coñecerán Santiago de Compostela entre o 25 e o 27 de abril nunha viaxe organizada por Turismo de Santiago en colaboración con Aer Lingus, a Asociación Hostalería Compostela e a Oficina Española de Turismo (OET) de Dublín, que ten por obxectivo promocionar Santiago no mercado irlandés e impulsar a conexión aérea que une Santiago e Dublín.

Ler máis

OBRAS E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Case medio millón de euros para outras cinco obras no rural de Compostela

24/04/2013

Nos vindeiros meses o Concello executará 11 novas obras a cargo do chamado DTC-94 da Deputación da Coruña, por un importe total de 779.884 euros. Destas actuacións, cinco beneficiarán a parroquias do rural, cun investimento de 488.145 euros. Os concelleiros Francisco Noya, María Pardo e Juan de la Fuente, deron conta destas obras.

Ler máis

CULTURA

"Snakizados, comedia da fin do mundo", no Teatro Principal

24/04/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou as representacións de Snakizados, comedia da fin do mundo, de Ancora Producións, incluídas no ciclo Teatro & Danza. Na rolda estiveron presentes tamén Anxela G. Abalo, directora, e Gustavo Pernas Cora, intérprete e autor.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca o labor do viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago na actual situación económica

24/04/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, acompañado polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; os alcaldes de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, e de Melide, Ánxeles Vázquez; o director do Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación Incyde), Javier Collado; o presidente da Cámara, Jesús Asorey; o seu secretario xeral, Fernando Barros.

Ler máis
Compartir: