EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Banda e a Bandiña da EMM ofreceron un concerto interxeracional ás persoas participantes no programa do IV Ciclo da USC

21/12/2016

O salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, acolleu este martes un concerto interxeracional no marco do Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC. Esta actividade é froito do convenio de colaboración asinado en decembro de 2015 entre o Concello e a USC para a realización de actividades no ámbito da educación non formal e de convivencia.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio e a USC editan a reprodución das "Memorias del Arzobispado de Santiago"

21/12/2016

As Memorias del Arzobispado de Santiago rexistran nos 545 folios orixinais a "descrición puntillosa da organización da diocese compostelá", incluíndo visitas á práctica totalidade da súas fortalezas, hospitais e parroquias, "a impagable descrición das súas vilas e cidades, xunto cunha historia sucinta do Apóstolo Santiago". "Confeccionadas con rigor" entre 1603 e 1620 polo cóengo cardeal Jerónimo del Hoyo, catrocentos anos despois este manuscrito recupera plena...

Ler máis

TURISMO

"Delicias de codorniz" e "Xurelo San Simón", tapas gañadoras da novena edición de Santiago(é)tapas

21/12/2016

O Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da novena edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou entre o 17 de novembro e o 4 de decembro. Nesta edición consumíronse arredor de 30.000 tapas, unha cifra que consolida o evento como unha ferramenta para a desestacionalización do sector nun período de temporada baixa. A gala estivo presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Ler máis

CONSORCIO

Un libro recolle o fondo fotográfico de Ramón Sánchez Estalote, que retratou a cidade durante cinco décadas do século XX

21/12/2016

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote. Memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar un libro con imaxes do fotógrafo compostelán. A publicación presentouse este mércores no Teatro Principal. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; a autora do libro, Mercedes Rozas; o responsable de publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; e José Luís...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibiu a directiva de Fademga

20/12/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiron o presidente da Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia), Eladio Fernández. Con el acudiron á cita Antonio Fuentaja e Marcelo de la Cruz, tamén da xunta directiva da entidade.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O mercadiño de Salgueiriños acolle este xoves un concerto de Cuchús Pimentel e Vigo Distrito Flamenco

20/12/2016

Este vindeiro xoves 22 de decembro terá lugar a última acción do ano do programa Efecto Proximidade, que o Concello de Santiago promove no mercadiño dos xoves de Salgueiriños. Os detalles da xornada foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Mauro Sanín, produtor de aCentral Folque, e do músico Cuchús Pimentel.

Ler máis

DEPORTE

Todo listo para a IV edición da San Silvestre compostelá, con saída e chegada no Obradoiro

20/12/2016

Quedan tan só 11 días para a última proba deportiva do ano, a popular San Silvestre compostelá, que se celebrará o próximo 31 de decembro a partir das 18:00 horas, con saída única para as categorías de escolares e persoas adultas. Así o anunciaron en rolda de prensa a concelleira de Deporte, Noa Morales, e o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía celebra este xoves o seu tradicional concerto de Nadal con obras vinculadas a estas datas

20/12/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Nadal. A cita será este xoves 22 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. O ensaio xeral, que terá lugar o propio xoves ás 11:00 horas, estará aberto ao público de forma gratuíta. A batuta levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.

Ler máis
Compartir: