MULLER

Gran lazo violeta de mil flores artesanais contra a violencia de xénero

27/11/2012

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte, da Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organizou unha actividade de participación cidadá para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrado o 25 de novembro. Finalmente, o gran lazo violeta previsto formouse na Casa das Asociacións de Benestar Social e non na avenida de Xoán XXIII polas inclemencias meteorolóxicas.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Unha carpa na praza Roxa informa os cidadáns sobre as mellores prácticas ambientais na xestión diaria dos residuos

27/11/2012

A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao; o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito; e o presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), Luis Lamas, visitaron a carpa de reciclaxe instalada na praza Roxa. A mesma forma parte da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor", impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes nun total de 66 concellos.

Ler máis

TURISMO

As Cidades Patrimonio promocionan a súa gastronomía en Madrid

27/11/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentará a acción de promoción gastronómica conxunta que as Cidades Patrimonio da Humanidade de España desenvolverán este mércores 28 pola tarde na Casa de Galicia de Madrid, dentro do programa de actividades de celebración do 40 aniversario da Convención do Patrimonio Mundial. Turismo de Santiago é a entidade encargada de organizar esta actividade conxunta do Grupo de Cidades Patrimonio, que se suma á que se celebrou a semana pasada en Barcelona.

Ler máis

COMERCIO

Santiago será a primeira cidade en dispor de "Feirón", un pioneiro sistema de fidelización para o pequeno comercio

26/11/2012

Feirón é unha ferramenta de marketing que, a través das novas tecnoloxías, pon en contacto aos axentes comerciais cos clientes para dinamizar as visitas destes aos seus negocios ofrecéndolles vantaxes nas súas compras. Santiago será a primeira cidade en dispor deste sistema pioneiro, grazas á colaboración entre o Concello, a asociación de comerciantes Santiago Centro e operador galego R.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade na feira EIBTM de Barcelona

26/11/2012

Turismo de Santiago promocionará a cidade na EIBTM, que se celebrará do 27 ao 29 de novembro en Barcelona. Trátase da feira máis importante de Europa no sector dos Congresos, Xornadas e Incentivos, xunto co IMEX de Frankfurt, evento no que tamén participou a empresa municipal de promoción turística. Nesta edición do EIBTM estímase que participarán máis de 15.000 profesionais dos sectores vinculados coa industria das convencións, os eventos e as viaxes de negocios.

Ler máis

CULTURA

"Cento oitenta segundos", de Jesús de la Iglesia, nova intervención na Zona "C"

26/11/2012

Na Zona C de Bonaval inaugúrase o martes 27, ás 20:00 horas, unha nova intervención. Trátase de Cento oitenta segundos, de Jesús de la Iglesia, comisariada por Rocío Figueroa. A intervención queda enmarcada na convocatoria de selección dun proxecto para o fomento da práctica profesional de especialistas en arte contemporánea na Zona "C" que organiza o Concello de Santiago e xestiona o Auditorio de Galicia en colaboración co Máster en Arte, Crítica e Museoloxía...

Ler máis

MULLER

Andaina contra a violencia de xénero

25/11/2012

Celebrouse a segunda edición da Andaina Solidaria organizada pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, a través do Centro de Información á Muller (CIM), para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Ler máis
Compartir: