CIDADES PATRIMONIO
Un compostelán gaña o II Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio na categoría de 19 a 30 anos
Este concurso para mozos e mozas creadoras de entre 16 e 30 anos forma parte das celebracións do 25 aniversario da rede e enmárcase no Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Divídese en dúas categorías: de 16 a 18 anos e de 19 a 30. Nesta última, alzouse co primeiro premio Alejandro Gesto, cunha peza sobre a riqueza patrimonial de Compostela. O certame conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
CONSORCIO
A música inglesa será o fío condutor da temporada 2018-2019 da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada de abono 2018-2019 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.
ALCALDÍA
Recepción aos xogadores, directiva e corpo técnico da SD Compostela
O alcalde presidiu esta tarde a recepción oficial aos xogadores e corpo técnico da SD Compostela, coa que o Concello de Santiago quixo recoñecer o traballo do equipo durante a temporada futbolística que vén de rematar. Martiño Noriega felicitou a todos os integrantes do club, e expresoulles o seu convencemento de que máis pronto que tarde lograrán o ansiado ascenso a Segunda B.
TURISMO
Turismo de Santiago crea visitas guiadas para descubrir Compostela da man de Rosalía e Valle-Inclán
As personaxes de Rosalía de Castro e Ramón María del Valle-Inclán farán un paseo dialogado polas rúas do Casco Histórico. As visitas serán de balde e celebraranse todos os venres e domingos de xullo.
ALCALDÍA
O alcalde dálles a benvida ás persoas participantes no VI Foro Parlamentario Hispano-Polaco
O alcalde, Martiño Noriega, deulles esta mañá a benvida a Santiago ás persoas participantes no VI Foro Parlamentario Hispano-Polaco, que se celebra nestes días na capital galega. O encontro está presidido pola presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e conta tamén coa participación do presidente do Senado, Pío García-Escudero.
MEDIO AMBIENTE
A zona de Outeiro de Sar estrea parque infantil grazas aos Orzamentos Participativos
A rúa de Outeiro de Sar, entre os barrios de Sar e Fontiñas, vén de estrear un novo parque infantil. A área de xogos foi unha das propostas seleccionadas no proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide, e nela investíronse algo máis de 145.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello ocupará a entreplanta na rúa de Xeneral Pardiñas de propiedade municipal
A Xunta de Goberno acordou hoxe ocupar a entreplanta da rúa de Xeneral Pardiñas que o Concello de Santiago recibiu segundo unha permuta asinada no ano 2005, e que debería terlle sido traspasada libre de cargas. O local será destinado a usos socioculturais vinculados ao Departamento Municipal de Lingua. O Goberno local segue á espera de que se resolva o recurso xudicial que ten presentado para solicitar a nulidade do procedemento hipotecario que lle afecta ao inmoble.
ACCIÓN CULTURAL
"TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco" volve encher de música lugares singulares de Compostela
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, presentaron esta mañá no NH Collection Santiago a sétima edición de TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco, que se celebra do 26 de xuño ao 26 de xullo. Trátase do ciclo estival da Asociación Desconcierto Cultural co que se pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un...
TURISMO
As Cidades Patrimonio presentan a súa oferta turística e cultural en Berlín
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade presentou na noite deste xove en Berlín (Alemaña), xunto con Paradores, as novidades da súa oferta turística ao sector profesional do turismo da capital alemá.
CENTROS CÍVICOS
Regresa o ciclo "Liñas Paralelas" con dúas sesións de contos composteláns no CSC da Trisca
O mércores 27 de xuño e o martes 3 de xullo, ás 21:00 horas, o Centro Sociocultural da Trisca acollerá dúas novas sesións de Liñas Paralelas, o ciclo de relato e breve e música.