ALCALDÍA
Un foro de debate dá voz ás mulleres creadoras do cine e da televisión europea
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle do 5 ao 7 de maio o II Encontro Internacional de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais). Nas sete mesas de debate previstas participan mulleres profesionais dos países da Unión Europea: directoras de cine e televisión, actrices, guionistas, produtoras, distribuidoras, profesoras universitarias, etc.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A web de Promoción Económica cambia a súa estrutura e contidos para ofrecer máis e mellores servizos
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a nova páxina web da concellaría, www.maiscompostela.org, que está xa operativa.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá pon en marcha o primeiro centro de mediación de Galicia
A Concellaría de Participación Cidadá, a través da Asociación Galega de mediación e Igualdade de Xénero (AGAMIX), pon en marcha o Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI), o primeiro centro de mediación de Galicia. Este servizo gratuíto ofrecerá aos cidadáns a posibilidade de ser parte activa na resolución dos seus conflitos, pero coa mediación dirixida por profesionais.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Tres xornadas para afirmar o papel do Camiño de Santiago no sentimento de pertenza a Europa
O Concello de Santiago vai celebrar o Día de Europa (9 de maio) dun xeito especial. No marco do programa Santiago-Une, preparáronse tres xornadas de actividades para afirmar a importancia do Camiño como promotor da identidade europea e así fomentar o sentimento de pertenza a Europa.
ALCALDÍA
Os integrantes de Special Olympics Galicia peregrinarán en xuño a Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os membros de Special Olympics Galicia. Estes contáronlle pólo miúdo os detalles da peregrinación que realizarán entre o 14 e o 20 de xuño a través das diferentes rutas do Camiño.
TURISMO
O vídeo promocional de Turismo de Santiago gaña o Tourfilm Brazil 2010 na categoría de Destinos Turísticos
O Tourfilm Brazil – Brazil International Tourism Film Festival acaba de premiar a Turismo de Santiago polo seu vídeo promocional Santiago é grande dentro da súa categoría de Destinos Turísticos. O festival celebrarase entre o 6 e o 8 de maio na cidade de Florianópolis, no Estado brasileiro de Santa Catarina. O día 7 haberá unha sesión na que se proxectarán os vídeos premiados nas distintas categorías, entre eles Santiago é grande. O día 8 Turismo de Santiago recibirá a.../em>
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a sinalización do sendeiro autoguiado polos parques
Entre os asuntos aprobados na Xunta de Goberno do martes 4 de maio figura a adxudicación provisional da sinalización do sendeiro autoguiado polos parques de Compostela. Tamén se aprobou a denominación para novas rúas e as listas provisionais das escolas municipais de Conxo e Fontiñas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
MUSOL abre delegación en Santiago e presenta unha exposición sobre a realidade de Guatemala na Casa das Asociacións
A ONG Municipios pola Solidariedade (MUSOL), abre delegación en Galicia, cunha sede en Santiago. Por este motivo, e para darse a coñecer, a organización presenta a exposición Guatemala, o sur tamén conta na Casa das Asociacións. A mostra estará aberta ata o 16 de maio.
URBANISMO
Emuvissa saca a concurso nove parcelas por un importe superior a seis millóns de euros
O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi informado da saída no DOG, a vindeira semana, do concurso para alleamento de parcelas conforme ao novo prego de bases aprobado no Consello de 29 de marzo na procura de facilitar as adquisicións de solo para vivenda protexida en tempos difíciles.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O medallista olímpico Juan Manuel López Iturriaga impartirá en Santiago a conferencia "Un equipo de ouro"
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o presidente de AJE Marineda (Asociación de Xóvenes Empresarios de A Coruña), Daniel Ramos; e o director de Simplemente Avanza e socio delegado de Adalidad Inmark, Ramón Diéguez Rodríguez; presentaron a conferencia Un equipo de ouro, que impartirá Juan Manuel López Iturriaga, presentador de televisión e xogador de baloncesto nas décadas dos setenta e oitenta.