XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a reurbanización das rúas Raxoi, Trindade, San Clemente e Cruceiro do Gaio
Entre os acordos da Xunta de Goberno do 6 de outubro figuran os pregos de cláusulas e o inicio do proceso de contratación de varias obras no ámbito da cidade histórica comprendidas no chamado convenio de espazos públicos, asinado no seu día coa entón Consellería de Vivenda. As seis obras supoñen un investimento total de 2.288.355 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Nova rúas Xoán Paulo II, Manuel Beiras, María Miramontes, Voces Ceibes, Vicente Risco e Victoria Kent
A proposta da Alcaldía, a Xunta de Goberno acordou nomear como avenida de Xoán Paulo II a rúa comprendida entre a avenida do Camiño Francés e a avenida de Asturias. Nesta mesma zona haberá outras dúas rúas con nova denominación: Vicente Risco e Victoria Kent. Tamén se lles dá o nome de rúas Manuel Beiras, María Miramontes e Voces Ceibes a tres vieiros en Cornes.
CIDADE HISTÓRICA
O programa Compostela Medieval achegará a historia de Santiago aos máis pequenos
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, presentou o novo programa Compostela Medieval, que busca achegar a veciñanza á historia da cidade. Está dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaria e consiste nun conxunto de actividades encamiñadas a que os nenos e as nenas participantes "visualicen" Compostela como a máis antiga das cidades medievais de Galicia, mesmo de Europa, destino de peregrinos, comerciantes e artesáns das máis diversas procedencias.
CULTURA
Curtocircuíto 2009 proxectará 223 curtas
O sábado 10 de outubro comeza unha nova edición do Festival Internacional de Curtas de Santiago de Compostela Curtocircuíto. Durante oito días, o Festival proxectará 223 Curtas entre o CGAC e o Teatro Principal.
CONSORCIO
Comezan as obras da nova sede do Museo de Historia Natural "Luís Iglesias"
Coa construción do edificio que albergará os fondos do Museo de Historia Natural Luis Iglesias, o Consorcio de Santiago contará cun novo edificio emblemático, asumindo a construción, execución e financiamento das novas instalacións. O conxunto do proxecto suporá unha inversión total de 3.909.280 euros. Pola súa parte será a propia Universidade a que xestionará o Museo, financiando o proxecto encargado ao arquitecto César Portela.
BENESTAR SOCIAL
Unha delegación do Instituto de Promoción Humana de Nicaragua visitou o Concello
A directora do Instituto de Promoción Humana (INPRHU)-Somoto, de Nicaragua, Gladys Cáceres, e outro membro da mesma entidade, Luis Álvarez, visitaron o Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín. O INPHRU é unha entidade coa que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade -do que forma parte o Concello- vén traballando dende 2003.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Todos os grandes proxectos da cidade contan con financiamento"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou as partidas recollidas nos orzamentos do Estado para a cidade. Segundo indicou, destas contas resulta que "Santiago é o concello número un de Galicia en canto investimentos per cápita e en número absolutos".
ALCALDÍA
O alcalde considera un paso na dirección correcta a decisión da Xunta de destinar 4,5 millóns de euros ás liñas de baixo custo
"Un paso grande e na dirección correcta". Así valorou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a decisión da Xunta de dedicar 4,5 millóns de euros á promoción das liñas de baixo custo e doutro millón para a promoción turística en orixe.
CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia protagoniza a programación cultural de outubro
A programación cultural de outubro inclúe eventos coma o festivais Galicreques e Curtocircuíto. Pero sen dúbida, un dos principais protagonistas do mes será a Real Filharmonía de Galicia e a súa sede, o Auditorio, que celebra o seu 20 aniversario cun concerto especial.
EDUCACIÓN
Acampada de fin de semana no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela
Nesta primeira fin de semana de outubro terá lugar unha acampada no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela, situado na parroquia de Figueiras. Serán 15 os mozos e mozas participantes, pertencentes a un curso de monitor de tempo libre do Concello de Brión.