ORZAMENTOS

Os orzamentos 2012 situaranse entre os 85 e os 90 millóns de euros e terán teito de gasto

27/12/2011

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que os orzamentos municipais para 2012 aprobaranse previsiblemente a finais de xaneiro ou principios de febreiro, e non antes do 31 de decembro, como se estimaba inicialmente. Indicou que esta situación é unha "excepcionalidade", que obedece a un principio de "prudencia" á espera de ter máis datos sobre as medidas económicas e os ingresos do Estado.

Ler máis

TRÁFICO

Sete mil quilos de sal para afrontar as xeadas

27/12/2011

Como consecuencia das baixas temperaturas e das xeadas, o Concello puxo en marcha o plan contra xeadas e nevadas. Malia que polo momento non se ten aparecido moito xeo, xa se ten vertido sal nalgunha rúa e beirarrúa, segundo explicou o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Os usuarios dos servizos sociais xa poden ser atendidos o mesmo día para a primeira cita

23/12/2011

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, explicou a reorganización que realizou o seu departamento, de tal xeito que, segundo dixo, "o tempo de espera para unha primeira cita reduciuse a cero", polo que os usuarios poden ser atendidos o mesmo día. Esta organización –explicou- ten o obxectivo de "ofrecer un mellor servizo aos cidadáns e unha atención axeitada ao momento que nos atopamos, no que aumentou a concorrencia de persoas aos servizos sociais municipais".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde felicita o Nadal aos composteláns

23/12/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha representación das asociacións veciñais da cidade e de diversos colectivos da cidade. Con este acto quixo felicitar o Nadal aos santiagueses.

Ler máis
Compartir: