OBRAS E RURAL

As asociacións do rural coñeceron os detalles do investimento de case medio millón de euros en cinco novas obras nas parroquias

27/04/2013

Os concelleiros Francisco Noya, Luis Meijide e José María Rosende, encargados os tres coordinadamente do seguimento do rural e das súas necesidades, e a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, mantiveron unha xuntanza coa Federación de Asociacións do Rural de Santiago (FERUSA), para explicarlles as cinco obras nas parroquias incluídas no chamado DTC-94 da Deputación da Coruña.

Ler máis

DEPORTES

Chamamento aos afeccionados para que apoien ao Club Waterpolo Santiago nos partidos definitivos pola Liga Galega

26/04/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o segundo partido do play off final da Liga Galega de Waterpolo entre o Club Waterpolo Santiago e o Club Waterpolo Galaico Pontevedra, que se disputará este sábado 27 de abril, ás 18:30 horas, na piscina municipal de Santa Isabel. De gañar este partido os composteláns, disputarían o terceiro e último partido tamén na casa.

Ler máis

URBANISMO

O Concello segue axilizando os trámites urbanísticos e incorpora tres novos procedementos a través de Internet

26/04/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta da incorporación de tres novos trámites urbanísticos á Carpeta Cidadá da web municipal. Trátase das comunicacións de obras menores en establecementos, da apertura deses establecementos e dos cambios de titularidade. Ademais, os cidadáns poderán facer uso a través da web dun mapa cartográfico que lles permitirá saber se están en condicións, pola situación da parcela, de utilizar o procedemento de comunicación previa.

Ler máis

EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

"En galego con todas as letras", unha celebración creativa do 17 de maio no Toural

26/04/2013

As concellerías de Normalización Lingüística e de Educación convocan varias actividades con motivo do Día das Letras Galegas 2013, o xoves 17 de maio: un fotocol, un obradoiro creativo e un concerto. Esta xornada, titulada En galego con todas as letras e dirixida a nenos, mozos e familias, desenvolverase na praza do Toural.

Ler máis
Compartir: