ALCALDÍA

Pilar Rojo pídelle axuda ao Apóstolo Santiago para que os responsables públicos "adopten as mellores solucións" ante a crise

30/12/2012

A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo. Nesta ocasión, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, oficiou como delegada rexia e pediulle ao Apóstolo axuda para os máis necesitados e tamén para que os responsables públicos tomen as mellores decisións nestes momentos de crise económica.

Ler máis

CULTURA

"Corcheas, semifusas e ilusións" con Martín Camiña no programa cultural de Nadal

28/12/2012

A maxia volve ser protagonista dentro do programa Infantil Familiar, do Departamento de Cultura, na xornada do sábado 29 de decembro. O ilusionista Martín Camiña presenta, a partir das 19:30 horas no Teatro Principal, o espectáculo Corcheas, semifusas e ilusións. As entradas poden mercarse na billeteira do propio Teatro Principal, aberta de martes a sábado e os días do evento de 18:00 a 21:00 horas ou en Novagaliciabanco. O prezo é de 5 euros, podendo adquirirse un abono familiar: 4 entradas a 15 euros.

Ler máis

CULTURA

Mireia Pintó e María Rey-Joly, protagonistas de dous novos concertos de Todo Lírica

28/12/2012

Logo da inauguración do ciclo Todo Lírica co concerto de David Menéndez e Rubén Fernández Aguirre, dous novos concertos, desta vez de Mireia Pintó con Manel Camp o domingo 30 de decembro e de María Rey-Joly con Borja Mariño o mércores 3 de xaneiro. Os dous concertos serán no Principal ás 20:30 horas. As entradas poden mercarse na billeteira do Principal ou en Novagaliciabanco a 8 euros; e pode adquirirse un abono para os catro concertos do ciclo por 20 euros

Ler máis

REHABILITACIÓN

O Ministerio de Cultura confirma a concesión dun millón de euros para a recuperación e posta en valor da fortaleza da Rocha

28/12/2012

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informou en rolda de prensa da recepción da comunicación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pola que se concede ao Concello de Santiago a subvención nominativa de 1 millón de euros para o Proxecto de estudo, recuperación e posta en valor da fortaleza da Rocha. O proxecto deseña un programa de actuacións que permitirá descubrir o espazo intramuros da fortaleza e exhumar os sectores da muralla e liza que aínda se manteñen ocultos.

Ler máis

COMERCIO

Manuel Carballeira, os CSC, Equisol Comercio Xusto e Café Casino, gañadores do II Concurso de Beléns e Ambientación de Nadal

28/12/2012

Tras reunirse o xurado, xa se coñecen os gañadores do II Concurso de Beléns e Ambientación de Nadal. Manuel Barreiro Vieiro foi o gañador na categoría individual do Concurso de Beléns, mentres que o Departamento de Centros Socioculturais levou o premio na modalidade colectiva. No Concurso de Ambientación de Nadal resultaron triunfadores Equisol Comercio Xusto (comercios) e Café Casino (Hostalería). Os premios entregaranse o 2 de xaneiro nunha cerimonia que se celebrará no Pazo de Raxoi.

Ler máis
Compartir: