CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pecha a súa tempada de concertos co recoñecido oboísta Lucas Macías
A Real Filharmonía de Galicia pecha esta semana a súa tempada anual de concertos con dúas actuacións. A primeira será hoxe xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. Mañá venres, o Auditorio de Galicia acollerá a clausura da tempada de abono da orquestra, tamén ás 20:30 horas.
DEPORTE
A II Festa do Deporte celebrarase o 28 e o 29 de setembro e incluirá os centros educativos
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta esta mañá dos detalles da segunda edición da Festa do Deporte, que terá lugar no vindeiro mes de setembro, concretamente os días 28 e 29. "O cambio de data -explicou a edila- responde á petición dos propios clubs e á necesidade de adaptarnos ao calendario escolar para incluír nesta edición os centros educativos".
MERCADOS
O Concello volve sumarse á campaña internacional "Quere o teu mercado"
A sala de usos múltiples da Praza de Abastos acolleu hoxe a presentación da acción que a cooperativa da Praza e o Concello impulsan durante este mes de maio para fidelizar os clientes do mercado. Na presentación estiveron a concelleira de Mercados, Noa Morales; a xerenta da praza, Marta Rey, e a subdirectora xeral de Comercio, Marta López.
PLENO
Aprobado o novo Regulamento de Títulos, Honras e Condecoracións do Concello de Santiago
O Pleno da Corporación aprobou este xoves o novo Regulamento de Títulos, Honras e Condecoracións do Concello de Santiago. O texto actualiza o vixente, aprobado no ano 1955 e modificado levemente en 1966, e faino ademais tendo en conta a Lei de Memoria Histórica. O regulamento foi aprobado cos votos a favor de Compostela Aberta, BNG e PSOE, e coa abstención do PP.
RENOVACIÓN
As Marías locen xa novas cores tras o traballo do escultor César Lombera
Maruxa e Coralia contan dende onte con novas vestimentas, nas que predomina a cor amarela, o rosa e o vermello. O novo aspecto da estatua das "Marías" está baseado en fotografías e documentación histórica que usou o escultor César Lombera para pintalas.