ALCALDÍA
A Corporación acudíu á súa tradicional cita co Día de Santiago en Padrón
A Corporación compostelá desprazouse un ano máis á vila de Padrón para celebrar o Día de Santiago nas Festas de Pascua. O alcalde compostelán, Ángel Currás, encabezou a expedición que visitou a vila veciña.
EDUCACIÓN
A mascota de As Cancelas celebra o seu aniversario este sábado
A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu á presentación en rolda de prensa do programa das actividades do primeiro aniversario do Club de Celi, club infantil do Centro Comercial, que se celebrará este sábado 26 de abril.
EMPREGO
O Foro de Intermediación e Emprego ofrece un programa con máis de 40 actividades formativas
As Xornadas técnicas 2.0 estarán impartidas por destacados bloggers e expertos en ferramentas online de busca de emprego. Entre as novidades deste ano haberá unha actividade de simulación práctica dun proceso de selección cuxo prazo de inscrición se abre hoxe.
ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO E SOSTIBLE
Un investimento de 650.000 permitirá a renovación completa da avenida Quiroga Palacios
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentaron o proxecto de renovación da avenida Quiroga Palacios, obra moi demandada polos veciños da zona dado o deterioro tanto das beirarrúas como do propio vial. A actuación, na que se investirán 650.000 euros, farase con cargo aos fondos Urbana Norte conseguidos das baixas doutros contratos e terá un prazo de execución de 6 meses.