DEPORTES

Máis de 300 ximnastas participarán en Santa Isabel na II Gala Ximnasia Rítmica

06/06/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a II Gala Ximnasia Rítmica, que se celebrará o sábado 8 de xuño, ás 18:15 horas, no pavillón de Santa Isabel. Acompañouno a adestradora do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabete, que lembrou que o evento terá tamén un compoñente benéfico, coa recollida de tapóns solidarios para o tratamento de Matías, o neno de Teo afectado por unha lesión cerebral.

Ler máis

ALCALDÍA

Máis de medio millón de euros da Deputación como apoio á actividade sociocultural do Concello

06/06/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron tres convenios de colaboración para o financiamento da rehabilitación da Casa de Brandía para centro sociocultural en Vidán; para financiar o programa de actividades durante o ano 2013 do Auditorio; e para o sostemento do centro sociocultural e xuvenil do Ensanche durante o ano 2013. O organismo provincial destina 560.000 euros a estes tres iniciativas.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o proxecto de mellora do estanque do parque da Alameda

06/06/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto e iniciou o expediente de contratación das obras de mellora do estanque da Alameda, cun tipo de licitación de 99.156 euros máis IVE. Ademais, deu o visto bo á adhesión do Concello ao convenio suscrito entre o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) referente á detección de supostos de vulnerabilidade en situacións de desafiuzamentos.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde participará en Córdoba na Asemblea Xeral das Cidades Patrimonio da Humanidade de España

06/06/2013

A Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar en Córdoba o 7 e 8 de xuño. Á reunión asistirán o alcalde compostelán, Ángel Currás, e os outros rexedores municipais das 13 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo primordial é a defensa e promoción do seu patrimonio cultural, cuxo valor excepcional recoñeceu a UNESCO ao inscribilo na Lista do Patrimonio Mundial.

Ler máis
Compartir: