DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

"Espello deportivo" achega as experiencias vitais de deportistas olímpicos galegos aos mozos e mozas de Santiago

27/05/2013

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e Rubén Riós, responsable da empresa Claqueta Coqueta que leva a cabo a actividade, presentaron este programa que trata, en palabras da concelleira, de "promover os valores asociados ao deporte"

Ler máis

TURISMO

Dezanove concellos crean Área Santiago para potenciar o turismo

27/05/2013

Os alcades de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces asinaron no Pazo de Raxoi o protocolo de colaboración co que nace formalmente Área Santiago, un grupo de traballo para potenciar conxuntamente o sector turístico na zona. Os concellos suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10% da poboación de Galicia. Os Concellos de Área Santiago suman 270.000 persoas, prácticamente o...

Ler máis

CULTURA

Dúas novas propostas dentro do ciclo Teatro&Danza

27/05/2013

Esta semana o Teatro Principal de Compostela acollerá dúas propostas do ciclo Teatro&Danza, que traerán as súas tablas ‘Viaxe a ningunha parte’, adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez, e ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero

Ler máis
Compartir: