EDUCACIÓN

A forza expresiva de "Mamá", da arxentina Mariana Ruiz, trunfa no VI Premio "Compostela" de Álbums Ilustrados

08/04/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Educación, María Castelao; e o director-xerente da editorial Kalandranka, Xosé Ballesteros, presentaron o fallo do xurado do VI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. A ilustradora arxentina Mariana Ruiz Johnson gañou esta edición co seu álbum Mamá, obra que será publicada en sete idiomas alá polo mes de outubro.

Ler máis

URBANISMO

O horario de apertura de verán das terrazas amplíase aos meses de abril, maio e xuño

08/04/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que o horario de apertura de verán das terrazas dos establecementos hostaleiros se amplía aos meses de abril, maio e xuño. Deste xeito, durante estes meses, ademais de xullo e setembro, os locais poderán manter abertas ao público as terrazas ata as 2:30 horas os venres e sábados, e ata as 2:00 horas o resto dos días.

Ler máis

CULTURA

Compostela Rock presenta o TriCiclo3: Guerrera, Toundra e Pony Bravo

08/04/2013

A promotora santiaguesa Work on Sunday ofrecerá a terceira entrega do seu exitoso TriCiclo na Sala Capitol, o venres 3 de maio, ás 20:30 horas. O seu cartel estará integrado polos galegos Guerrera, os madrileños Toundra e os sevillanos Pony Bravo, e celebrarase o venres 3 de maio. As entradas están á venda 12 euros anticipada e 15 euros na billeteira.

Ler máis

ECONOMÍA

O Cersia acolle o xoves a conferencia "Non é unha crise, é un cambio estrutural"

08/04/2013

O edificio municipal Cersia acollerá o vindeiro xoves horas a conferencia Non é unha crise, é un cambio estrutural, que se enmarca no programa da Área de Economía do Concello Santiago Investors Support. As temáticas concretas que se analizarán son: chaves para entender os cambios que vivimos e aproveitalo ao noso favor; como pode sobrevivir unha Peme á situación actual; e cales son os segredos para triunfar no século XXI.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O proxecto "Espello Deportivo" impulsará o uso do galego no deporte dende a Rede de Dinamización Lingüística

08/04/2013

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu á presentación de Espello Deportivo, un proxecto que promoverá a lingua galega no ámbito do deporte dende a Rede de Dinaminzación Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, da que tamén forma parte o Concello de Santiago. O acto estivo presidio polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

Ler máis
Compartir: