FACENDA

A liquidación do orzamento de 2012 deixa un remanente positivo de 1,9 millóns de euros e unha "histórica" redución do endebedamento

05/04/2013

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, presentou a liquidación do orzamento de 2012, que deixa un remanente positivo de case 1,9 millóns de euros e un nivel de endebedamento que se sitúa en nun mínimo "histórico" de 60,5 millóns de euros. O exercicio pechouse un resultado orzamentario positivo de case 17,7 millóns de euros.

Ler máis

SEGURIDADE

Vinte e cinco condutores participarán na segunda edición do plan formativo dirixido a condenados a traballos comunitarios

05/04/2013

A gravidade de certas condutas temerarias provocou a súa penalización como delitos. Non obstante, os xuíces teñen a posibilidade de impoñer penas de prisión, multas ou traballos en beneficio da comunidade. Como alternativa para conmutar estas últimas, o edificio CERSIA acollerá este mes de abril un programa de formación promovido por Institucións Penitenciarias e financiado polo Concello, que ten como destinatarios aqueles condutores da zona de Santiago que foron condenados a penas de traballos en beneficio da comunidade,...

Ler máis

CULTURA

O Outlet do Libro galego ofrece a oportunidade de mercar títulos xa desaparecidos das tendas dende 3 euros

05/04/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou o Outlet do Libro Galego, que se celebrará na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar) do 6 ao 14 de abril, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas. Esta iniciativa ofrece unha nova oportunidade comercial para moitos títulos de gran valor do catálogo das editoriais galegas que, neste momento, están fora dos circuítos comerciais convencionais.

Ler máis

EDUCACIÓN

"Mamá", da arxentina Mariana Ruiz Johnson, gaña o VI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

05/04/2013

O xurado acordou conceder por unanimidade o VI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados á obra Mamá, de Mariana Ruiz Johnson, de Bos Aires (Arxentina). O galardón, convocado pola Concellería de Educación e a Editorial Kalandraka, conta cunha dotación de 9.000 euros e comporta a publicación do libro en castelán, galego, catalán, éuscaro e portugués.

Ler máis

CULTURA

A Banda Municipal e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela únense nun concerto especial

05/04/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou o concerto conxunto que a Banda Municipal e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela ofrecerá no Teatro Principal o domingo 7 de abril, ás 12:00 horas. As entrada para este concerto especial é de balde ata completar aforo e previa retirada de localidades na billeteira do Principal, aberta venres e sábado de 18:00 a 21:00 horas e o domingo a partir das 11:00 horas.

Ler máis
Compartir: