EMPREGO

A Concellería de Emprego pon en marcha un programa de cualificación profesional

30/04/2013

A concelleira de Emprego, Reyes Leis, presentou un Programa de Cualificación Profesional incluído na iniciativa Urbana Santiago Norte. O seu obxectivo é que os traballadores e traballadoras desta área poidan mellorar a acreditación das súas competencias profesionais e tamén mellorar a súa formación, para incrementar a súa capacidade de inserción no mercado laboral. O programa inclúe un servizo de asesoramento, un calendario de actividades formativas e unha aplicación web.

Ler máis

UMAD

Fútbol e cultura urbana como alternativa socializadora e de lecer para os mozos e mozas de Santiago de Compostela

30/04/2013

Retomando as liñas do Plan de Acción Local para Prevención das Drogodependencias, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou tres actividades de lecer e tempo libre, dirixidas a mozas e mozos, que executará a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Estas accións son financiadas nun 70% cunha subvención do Ministerio de Sanidade, procedentes dos bens decomisados por tráfico de drogas e outro delitos relacionados.

Ler máis

CULTURA

O ciclo Infantil & Familiar presenta "O Kikirixote" e "Xan Perillán e a maleta máxica" cos monicreques de Kukas

30/04/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou no Teatro Principal dúas novas entregas do ciclo Infantil & Familiar: O Kikirixote. Aventuras e desventuras dun galo de curral e Xan Perillán e a maleta máxica, ambas as dúas coa compañía Monicreques de Kukas. Na rolda estiveron Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rei, fundadores en Santiago da compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia e unha das máis estables do panorama teatral galego, a piques de...

Ler máis
Compartir: