DEPORTES

San Lázaro contará con novo céspede

25/04/2013

A empresa concesionaria do mantemento dos campos de fútbol de San Lázaro I e II, iniciou os traballos de mellora da superficie de céspede do Estadio de San Lázaro. O obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de absorción de auga entre a capa de céspede existente en superficie e a grava de drenaxe, situada a 20-25 centímetros.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan os talleres do programa "Achégate a outras culturas" nos centros socioculturais

25/04/2013

No escenario dun mundo globalizado, onde as relacións e a comunicación entre as persoas de distintos países por motivos de formación, traballo e ocio son unha constante, parece importante estimular a mellora destes procesos de intercambio cultural no que as competencias lingüísticas xogan un papel fundamental para a comprensión e o respecto das diversas identidades culturais. Po riso, a Concellería de Centros Socioculturais continúa a desenvolver o programa Achégate a outras culturas a través de...

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Benestar Social pon en marcha a segunda edición da Operación Cueiro

25/04/2013

A concelleira de Familia e Benestar Social, María Castelao, informou da apertura da segunda edición da Operación Cueiro, que pretende recoller cueiros que logo se destinarán a familias en situación de extrema necesidade. Agarda repetir o éxito da primeira edición, na que se doaron máis de 7.000 cueiros.

Ler máis

CULTURA

"A historia do Rock. De Elvis a Vetusta Morla", nun programa par aos máis novos

25/04/2013

Encaixar seis décadas de historia da música popular en hora e media é un reto arduo. Nacida da man dos cambios sociais amparados pola prosperidade das sociedades occidentais tras a 2ª Guerra Mundial, a emerxente música xuvenil (pop no seu máis amplo sentido) foi desenvolvendo un ilimitado protagonismo que calará decisivamente nas mais diversas manifestacións da Cultura Popular do Século XX. A función de A historia do rock. De Elvis a Vetusta Morla terá lugar no Teatro Principal o domingo 21 de abril, ás...

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións en Santiago subiron un 27,3% no mes de marzo

25/04/2013

Durante o pasado mes de marzo producíronse 72.845 pernoctacións na cidade, que representan un crecemento do 27,3% respecto ás 57.210 do mesmo mes do ano anterior, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). O crecemento apoiouse en importantes aumentos de pernoctacións tanto domésticas como internacionais.

Ler máis

PLENO

A Corporación aprobou inicialmente o orzamento municipal para 2013

25/04/2013

Nunha sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o orzamento municipal para este exercicio 2013, así coma o seu cadro de persoal. Tamén se deu conta da liquidación do orzamento de 2012 nesta sesión extraordinaria, que precedeu á ordinaria e na que tamén tomou posesión como concelleiro o popular José María Rosende Rico.

Ler máis
Compartir: