EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Os escolares de catro colexios da cidade amosan as súas capacidades escénicas no Certame de Teatro Intercentros

12/04/2013

As concelleiras de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, asistiron á sesión do Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Coordinadora Comarcal de Normalización Lingüística e o Concello. Participaron catro centros de primaria da cidade: López Ferreiro, San Jorge, Lamas de Abade e Vite.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá propón nove opcións de viaxe para as parroquias do rural nunha nova edición de "Imos coa asociación"

12/04/2013

O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou unha nova edición do programa Imos coa asociación, que pon a disposición das parroquias do rural unha oferta específica de excursións organizadas. Os percorridos teñen un dobre obxectivo: dar a coñecer a riqueza patrimonial de Galicia e Portugal e atender a demanda veciñal deste tipo de viaxes.

Ler máis

XUVENTUDE

Xuventude organiza as I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego

12/04/2013

A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou as Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego "Os xoves emprende", organizadas polo Concello e Junior Empresa de Santiago (Jemsa). A súa presidenta, Adriana Martínez, e o seu tesoureiro, Jesús Vázquez, acompañaron a edil na rolda de prensa.

Ler máis

CULTURA

O pianista cubano Roberto Fonseca chega ao Principal da man do Ciclo 1906 Jazz

12/04/2013

O pianista Roberto Fonseca declara abertamente que en YO (Jazz Village, 2012) atoparémonos con "todas estas ideas que gardaba nun recuncho da miña cabeza, sen ter a oportunidade de levalas a cabo". Esas ideas plasmaraas nun concerto, dentro do Ciclo 1906 de Jazz, o xoves 18 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 12 (anticipada) e 15 euros (billeteira), están a venda na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es e no 902 434 443.

Ler máis
Compartir: