URBANISMO

A fonte de San Roque volve verter auga despois de varios anos inutilizada

08/03/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitou a praza de San Roque con motivo das obras de remodelación que se levaron a cabo nos últimos meses. A actuación permitiu recuperar este espazo, que presentaba un importante grao de degración, e restaurar a fonte.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

Os Bombeiros celebraron o seu patrón

08/03/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, asistiron aos actos con motivo do patrón dos Bombeiros, San Xoán de Deus.

Ler máis

TURISMO

Encontro con turoperadores xaponeses

08/03/2013

O concelleiro Francisco Noya, en ausencia da concelleria de Turismo, Reyes Leis, presente na Feira Internacional de Turismo de Berlín, recibiu a tres representantes do turoperador xaponés Miki Travel Agency. Están en Santiago nunha viaxe de familiarización.

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións subiron un 8,14% en Santiago durante o mes de xaneiro

08/03/2013

Santiago sumou 45.119 pernoctacións en xaneiro, un 8,14% máis que no mesmo mes do ano 2012, segundo os datos do INE. O aumento das pernoctacións debeuse ao crecemento das pernoctacións domésticas, que alcanzaron as 37.877, un 11,58% máis que en xaneiro do ano pasado. Pola contra, as pernoctacións internacionais, que no conxunto do ano 2012 alcanzaron o seu maior número na serie estatística do INE, tiveron un descenso do 6,88%, quedándose con 7.242.

Ler máis

MULLER

Homenaxe municipal ao esforzo e sacrificio de tres mulleres compostelás

08/03/2013

A concelleira de Muller, María Castelao, presidiu o acto de homenaxe a tres mulleres -Montse Liñares, Carmen Blanco e Carmen Pereiras- en recoñecemento ao seu esforzo no mantemento das tradicións culturais, do pequeno comercio e da hostalería, respectivamente. Esta cerimonia formou parte dos actos con motivo do Día Internacional da Muller.

Ler máis

MULLER

A USC celebrou o Día Internacional das Mulleres

08/03/2013

A Universidade de Santiago celebrou no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o Día Internacional das Mulleres. Foi un acto conmemorativo solemne presidido polo reitor, Juan Casares Long, e ao que asistiu a concelleira de Muller, María Castelao.

Ler máis
Compartir: