DEPORTES

Uns 100 deportistas participarán no Restollal no V Trofeo de Judo Cidade de Santiago

07/03/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o V Trofeo de Judo Cidade de Santiago (Campionato de España Júnior Fase Sector Oeste), que se disputará o sábado 9 de marzo, a partir das 16:30 horas, no pavillón do Restollal. Uns 100 judokas en idade sub-21, en categorías masculina e feminina, de Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias competirán nesta proba.

Ler máis

CULTURA

Festival Internacional de Narración Oral Atlántica no ciclo Falabaratos

07/03/2013

O Día da Muller Traballadora tamén ten o seu espazo en Atlántica, o festival internacional de narración oral que se celebra en Galicia estes días. Este venres 8, a partir das 21:00 horas, o Teatro Principal de Santiago acollerá unha gala especial dedicada á muller na que participarán 17 contacontos de diversas nacionalidades.

Ler máis
Compartir: