NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Concellería de Normalización Lingüística promove cun novo concurso o uso do galego na publicidade comercial

15/03/2013

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convoca o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, ao mesmo tempo que pretende engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais da...

Ler máis

CULTURA

Luar na Lubre estrea en Santiago novo espectáculo, un percorrido polos seus máis de 25 anos de traxectoria

15/03/2013

O director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou presentou "Sons da lubre nas noites de luar", o novo espectáculo de Luar na Lubre, que se presenta en Santiago no marco do ciclo Íntimo & Acústico. Na rolda estiveron tamén Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Paula Rey (voz) e outros integrantes do grupo. O concerto terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Ler máis
Compartir: