CULTURA

"Violeta en Compostela", conto musical coas alumnas do Conservatorio Profesional

01/02/2013

As alumnas de viola do Conservatorio Profesional de Música de Santiago interpretan Violeta en Compostela, un conto musical dirixido por Lorenzo de los Santos e Itsaso Bermejo. Tras actuar en forma de concerto didáctico dirixido a centros educativos, o sábado 2 ofrecen unha nova función, esta vez aberta ao público, dentro do programa Infantil & Familiar. A actividade está recomendada para nenos e nenas a partir dos 5 anos e a entrada será de balde previa retirada dos convites na billeteira do Auditorio de Galicia, que abre ás...

Ler máis

CULTURA

Outros sete concertos no ciclo Novas Orquestras para o primeiro semestre do ano

01/02/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación de xaneiro a xuño do ciclo Novas Orquestras, no que haberá sete concertos de diversas orquestras galegas conformadas por mozos e mozas. Estiveron acompañando ao xerente representantes de todas as orquestras que participarán: Fernando Briones, director da Orquestra Gaos; Alejandro Sanz, director académico da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia; Rafael Yebra, vicedirector do Conservatorio Superior de Música de Vigo e Enrique Meyer, xefe...

Ler máis

EMPREGO

Os obradoiros Santiago Impulsa permiten empregar a 37 persoas durante seis meses

01/02/2013

A concelleira María Castelao explicou en rolda de prensa a modificación orzamentaria, aprobada no último Pleno municipal, que permitirá ao Concello realizar a súa contribución económica aos dous obradoiros Santiago Impulsa. Trátase dun taller de carpintería e doutro de deseño de páxinas web dos que se benefician 37 persoas en total.

Ler máis

FACENDA

A Carpeta Cidadá suma novos trámites de pagamento en liña e de descarga de certificados tributarios

01/02/2013

O Concello de Santiago continúa traballando na modernización dos procedementos de atención ao cidadán. Por iso, a Carpeta Cidadá da web municipal está incorporando as ferramentas necesarias para que en breve se poida realizar unha xestión integral da atención ao contribuínte. Nesta dirección, a Carpeta vén de sumar novos trámites, con máis posibilidades de autoliquidacións e a descarga de diversos certificados tributarios.

Ler máis

ALCALDÍA

O Grupo de Cidades Patrimonio subscribe en FITUR plans de actuación conxunta con Turespaña, Paradores e RENFE

01/02/2013

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinou , no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR 2013), diferentes acordos de colaboración cos seus principais partners: Turespaña, RENFE e Paradores de Turismo para a promoción e desenvolvemento dos produtos turísticos das trece cidades Patrimonio da Humanidade de España. O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu a estas tres sinaturas, nas que a representación do Grupo correu a cargo do seu actual presidente e alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes.

Ler máis
Compartir: