URBANISMO

Urbanismo establece graduacións en canto ás actuacións permitidas nas construcións situadas fóra de ordenación

23/01/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, explicou en rolda de prensa a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal PXOM aplicable ás situacións fóra de ordenación. Este cambio, que será sometido á aprobación do Pleno na súa sesión ordinaria de febreiro, pretende evitar situacións de "abandono" e facilitar a rehabilitación.

Ler máis

FACENDA

Os orzamentos 2013 blindan os gastos sociais e os servizos públicos e apostan polas políticas de emprego e promoción económica

23/01/2013

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, presentou os orzamentos 2013, marcados pola aposta polas políticas de emprego e o investimento, a blindaxe do gasto social e dos servizos públicos básicos, a promoción económica e a loita contra o fraude fiscal. As contas prevén 95,7 millóns de euros de ingresos e 92,4 millóns de gastos.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela sumou 1.081.892 pernoctacións no ano 2012

23/01/2013

O turismo internacional obtivo os mellores datos da súa historia na cidade en 2012, con 425.636 pernoctacións, un crecemento do 13% respecto ao ano 2011. A demanda nacional viuse seriamente afectada pola crise española, provocando unha caída do 14% respecto do ano pasado.

Ler máis
Compartir: