URBANISMO

Asinada a cesión de espazos que permitirá a demolición das terrazas de Vista Alegre

16/01/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, reuniuse en Raxoi con 18 presidentes de comunidades de veciños de Vista Alegre para a sinatura da cesión do espazo das terrazas. A eliminación das devanditas terrazas é unha vella reivindicación do barrio polos problemas de accesibilidade e mesmo de humidade que supoñen. O proxecto está en fase de redacción.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

"O señor das dunas", un contacontos de area para todos os públicos no CSC das Fontiñas

16/01/2013

O sábado 19, ás 18:00 horas, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá o espectáculo para O señor das dunas, un contacontos dirixido a todos os públicos, dende os nenos e as súas familias ata os máis vellos da casa. Esta actividade forma parte do programa FalaRedes, realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para as entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística.

Ler máis

MERCADOS

Reunión da comisión de seguimento das obras do Mercado de Abastos

16/01/2013

Celebrouse no Edificio Cersia e mediante videoconferencia unha nova reunión da comisión de seguimento das obras de remodelación do Mercado de Abastos. A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, representantes do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia e membros da empresa construtora participaron na xuntanza, na que se deu conta da marcha das obras e se realizaron propostas para o axuste de anualidades en relación co programa das obras.

Ler máis
Compartir: