DEPORTES
Composteláns e visitantes retratáronse en Raxoi coa Copa do Mundo e coas dúas Eurocopas logradas pola Selección Española
O Concello de Santiago convidou a todos os cidadáns que quixeran admirar a Copa do Mundo de fútbol conseguida en Sudáfrica no ano 2010 e mais as dúas Eurocopas logradas en 2008 e 2012 pola Selección Española de fútbol a que se achegaran polo Concello nesta xornada de xoves. Numerosos composteláns e visitantes pasaron por Raxoi para retratarse cos trofeos.
MEDIO AMBIENTE
Recuperada para o uso peonil a ponte sobre o Sar no parque Eugenio Granell
A concelleira de Medio Ambiente en funcións, Paula Prado, e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitaron o parque Eugenio Granell para supervisar as obras que se levaron a cabo na ponte que cruza o río Sar nesta área verde da cidade. Grazas a esta intervención púidose abrir de novo aos peóns a ponte, pechada no seu día pola subtracción da varanda.
PROCESIÓN
O Concello dá a benvida á cidade a un grupo de case 300 peregrinos hindús
As concelleiras Amelia González e Paula Prado participaron na cerimonia de apertura da procesión hindú que trouxo ás rúas de Santiago a unha comitiva de preto de 300 persoas pertencentes a esta etnia. No acto estiveron presentes tres grandes autoridades espirituais na India e outros países do mundo, como son as súas santidades Radhanath Swami, Bhakti Charu Swami e Sacinandana Swami.
XUNTA DE GOBERNO
Case 600.000 euros para obras de reforzo do firme no rural compostelán
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou os sete proxectos de reforzo do firme da vía pública incluídos no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. Estas actuacións suman un investimento de 588.517 euros.