EDUCACIÓN

Os participantes na Escola de Verán de Inglés pasaron polo Concello

05/07/2012

Continúan as actividades da Escola de Verán de Inglés, que teñen como centro de operacións o IES Rosalía de Castro e nas que participan 300 escolares. Como complemento aos obradoiros e ás clases que se desenvolven no instituto, realízanse saídas a diversos centros de interese. Nesta ocasión, os alumnos e alumnas visitaron o Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Educación, Rebeca Domínguez.

Ler máis

PLENO

A ampliación dos prazos de devolución do PIE permitirá reducir en máis de 850.000 euros anuais a carga financeira

05/07/2012

O Pleno municipal, reunido en sesión extraordinaria, aprobou o compromiso de garantir o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública, aceptando a posible imposición polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de condicións particulares en materia de seguimento e remisión de información, así como, no seu caso, de adopción de medidas de axuste extraordinarias que permitan dita corrección. Este era un requisito para poder solicitar a ampliación dos prazos de...

Ler máis

TURISMO

Once restaurantes da cidade ofrecerán tapas de deseño en "Tapéate Compostela"

05/07/2012

Tapéate Compostela foi presentado no Hostal dos Reis de Católicos por dous dos promotores da idea, Manuel Boquete (Restaurante Garum) e Manuel Lareo (Restaurante Manso), coa asistencia de Maruxa Ledo, xerente de Turismo de Santiago, que apoia a iniciativa, e patrocinadores como Guillermo Fernández, de Estrella Galicia, e Marta Rey, xerente do Mercado de Abastos. De acordo cos organizadores, a acción ten como finalidade "a dinamización turística da capital galega e o achegamento ao público da oferta gastronómica de locais de...

Ler máis

CULTURA

Cambio de data do Circo Acrobático Nacional de Pequín no Auditorio de Galicia

05/07/2012

O Circo Acrobático Nacional de Pequín, que tiña previsto presentar o seu espectáculo O soño dunha viaxe a Oriente en Santiago de Compostela o 22 de setembro, vese obrigado a cambiar a data para o día 1 de setembro por razóns alleas ao Concello de Santiago e á empresa organizadora (Art Music Agency). O motivo é unha reestruturación na axenda da compañía, tendo que finalizar a xira en España o 2 de setembro en lugar de 23 de setembro como estaba previsto.

Ler máis

ALCALDÍA

Homenaxe institucional a Xaime Isla Couto

05/07/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á homenaxe institucional a Xaime Isla Couto, cofundador da Editorial Galaxia e ilustre galeguista falecido en Vigo o pasado 25 de abri. O acto, celebrado na Biblioteca da Cidade da Cultura, estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Ler máis
Compartir: