CULTURA

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956", nova exposición no Auditorio

04/07/2012

Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956 é o nome da nova mostra do Auditorio de Galicia. A exposición, que permanecerá aberta ata o 4 de novembro, enmárcase dentro dos actos conmemorativos que se están a celebrar na cidade con motivo do centenario do nacemento de Eugenio Fernández Granell. Foi inaugurada polo alcalde da cidade, Ángel Currás; a directora da Fundación Granell, Natalia Fernández Segarra; a comisaria da mostra, Pilar Corredoira; e o director-xerente do Auditorio de Galicia,...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde salienta a "ardua e seria investigación" que conduciu á recuperación do Códice Calixtino

04/07/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, expresou "a satisfacción e a alegría" do Concello de Santiago pola aparición do Códice Calixtino. "Se hai un ano viviamos un día triste coa súa desaparición, hoxe estamos moi felices pola detención dos presuntos culpables e, o máis importante, pola aparición dunha xoia de gran valor histórico e estético", apuntou.

Ler máis

MOBILIDADE

Iníciase a entrega das novas e melloradas tarxetas de estacionamento de residentes

04/07/2012

O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou o inicio do procedemento de entrega das novas tarxetas de residentes a partir do venres 6 de xullo. Inicialmente está prevista a entrega dunhas 3.900 tarxetas a aqueles usuarios que xa as teñen outorgadas e que, en consecuencia, deberán cambialas. Estas tarxetas, que levan un microchip coa información de identificación do vehículo, facilitarán o control e evitarán as falisificacións.

Ler máis
Compartir: