EDUCACIÓN

As Escolas de Verán foron clausuradas cunha xornada lúdica no pavillón do Restollal

31/07/2012

O programa de conciliación familiar Escolas de Verán 2012 foi clausurado cunha xornada lúdica no pavillón polideportivo do Restollal. Alí déronse cita os participantes desta iniciativa, que durante o mes de xullo atendeu as necesidades de conciliación das familias dos 225 nenos e nenas da cidade dende o segundo ciclo de Educación Infantil ao terceiro ciclo de Educación Primaria.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

A glorieta en construción entre Rodríguez de Viguri e o Camiño Francés permite xa unha circulación máis fluída na zona

31/07/2012

A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, visitou as obras de construción da nova glorieta entre a avenida Rodríguez de Viguri e o Camiño Francés, que permitirá eliminar a rede semafórica desta zona. Esta obra, xunto coa glorieta no entorno do Centro Comercial das Cancelas, tamén en construción, e o paso inferior do Camiño Francés, xa en funcionamento, forman parte das infraestruturas para a mellora do tráfico subscritas por convenio entre o Concello e a promotora da superficie comercial. Estas...

Ler máis

ALCALDÍA

O Museo Casa da Troia abra as súas portas ás visitas durante o verán

31/07/2012

O Museo Casa da Troia abriu de novo as súas portas ao público nun acto ao que asistiron, entre outros, o alcalde, Ángel Currás; o concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya; o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez; e o reitor da USC, Juan Casares. O Museo poderá visitarse durante todo o verán, polas mañás en horario de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

Ler máis

CONSORCIO

Máis de 5.000 persoas xa visitaron a exposición "Compostella dicitur" na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago

31/07/2012

Xusto cando se cumpre unha semana dende a súa apertura ao público, máis de 5.000 persoas xa se aproximaron ata a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago que aloxa a exposición inaugural Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Por procedencias, o 40% dos visitantes foron persoas do propio municipio de Santiago. Do resto de Galicia foi un 13% e do resto de España un 22%. Os demais visitantes proceden na súa maioría de países europeos, algo máis dun 15%, e doutros países (destacan neste sentido...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Unha gran festa pechou as actividades das "Mañás de verán e de xogo"

31/07/2012

As Mañás de verán e de xogo do programa Vive o verán, organizadas pola Concellería de Centros Socioculturais, finalizaron cunha gran festa. Estas actividades matinais foron todo un éxito, confirmando o acerto da incorporación das parroquias, o que supuxo un forte impulso para os locais que en anos anteriores permanecían pechados.

Ler máis
Compartir: