CULTURA

Godoy debuta en Galicia con "Verás que todo es mentira" dentro do ciclo Falabaratos

07/06/2012

O humorista uruguaio Godoy debuta en Galicia dentro do ciclo Falabaratos, monólogos, contos e outros shows co seu espectáculo Verás que todo es mentira. Será o venres 8 de xuño, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 12 € butaca, platea e primeira planta; 10 € na segunda planta; e 8 € no anfiteatro, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e en Novagaliciabanco Con Godoy péchase esta edición do ciclo, polo que pasaron xa no que vai de ano David Amor, Quico Cadaval, Sergio Pazos, Luis Piedrahita,...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello aforrará máis de 1.000 euros mensuais trasladando a actividade do local sociocultural de San Pedro ao CSC da Trisca

07/06/2012

A Xunta de Goberno aprobou, a proposta do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, a non renovación a partir de xullo do alugueiro do local sociocultural situado na rúa das Fraguas, no barrio de San Pedro, que viña sendo utilizado habitualmente pola Asociación de Veciños A Xuntanza. A actividade trasladarase ao Centro Sociocultural da Trisca, de titularidade municipal, aforrando deste xeito máis de 1.000 euros ao mes.

Ler máis
Compartir: