BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago e COGAMI colaboran nun innovador proxecto europeo

19/06/2012

O presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas coan Discapacidade), Anxo Queiruga, e a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asinaron un convenio de colaboración que favorece a posta en marcha dun servizo de préstamo de produtos de apoio de segunda man para persoas con algunha discapacidade ou en situación de dependencia.

Ler máis

ECONOMÍA

Cento cincuenta empresas participan na xornada Getting Contacts!

19/06/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugurou a primeira Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! de Santiago de Compostela, que se celebra dentro do programa Santiago Investors Support, da Concellería de Economía. Na xornada colabora a Xunta de Galicia a través de Bic Galicia, que estivo representada pola súa responsable, Maite Cancelo.

Ler máis
Compartir: