TURISMO

As conexións internacionais de Lavacolla sumaron 27.881 pasaxeiros en maio, un 21,47% máis que en maio do 2011

15/06/2012

As sete conexións internacionais operativas no aeroporto de Lavacolla no mes de maio moveron 27.881 pasaxeiros. Esta cifra representa un aumento de 4.929 pasaxeiros respecto dos 22.952 que houbo no mesmo mes de 2011, cun crecemento do 21,47%. O incremento é maior tomando coma referencia o mes de maio do Ano Santo, cando houbo 21.397 pasaxeiros. Neste caso o crecemento é de 6.484 pasaxeiros, un 30,30%.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Campaña municipal de inspección de animais potencialmente perigosos

15/06/2012

A Concellería de Medio Ambiente está a levar a cabo durante este ano 2012 unha campaña específica de inspección de animais potencialmente perigosos, co obxecto de identificar aqueles que non teñen a obrigatoria licenza municipal e a inscrición no Rexistro municipal creado ao respecto. Ata o momento xa se teñen localizado uns 100 e iniciado o correspondente procedemento para que os seus donos cumpran coa súa obriga legal.

Ler máis

FACENDA

O Concello presenta un orzamento consolidado de 94,3 millóns marcado pola austeridade, o maior gasto social e a priorización dos investimentos

15/06/2012

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, presentou o orzamento municipal de 2012, que será levado ao Pleno para a súa aprobación inicial a vindeira semana. As contas do Concello para este exercicio prevén uns gastos de 89.859.778 euros e uns ingresos de 92.580.508 euros. Son uns orzamentos marcados pola austeridade, o incremento das partidas sociais e a priorización dos investimentos.

Ler máis

CULTURA

Under18 chega por primeira vez a Galicia cun cabeza de cartel de luxo: Simple Plan

15/06/2012

O Festival Under Eighteen (máis coñecido como U18) naceu co propósito de crear alternativas musicais para os menores de 18 anos, como unha nova proposta de lecer para os máis novos, que poderán gozar en directo dos seus artistas favoritos en horarios adecuados e en recintos onde está prohibida a venda de bebidas alcohólicas e de tabaco. E agora esta iniciativa chega a Compostela da man da Concellería de Cultura e a produtora Sweet Nocturna con varios patrocinios. Será na Sala Capitol, o 24 de xuño, ás 19:00 horas, e...

Ler máis

CULTURA

José Mercé en concerto no Auditorio

15/06/2012

José Mercé presenta o seu espectáculo Nuevo Amanecer, no que por primeira vez canta todos os grandes éxitos da súa carreira. Será no escenario do Auditorio de Galicia o sábado 16, a partir das 21:00 horas nun concerto organizado pola Cadena Cope. As entradas, 30 €+gastos, están xa á venda en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro Principal e estarán na do Auditorio o propio día do concerto a partir das 18:00 horas.

Ler máis
Compartir: