MEDIO AMBIENTE

Santiago disporá dun Plan de Acción Local dos Parques e Zonas Verdes de Compostela no primeiro trimestre de 2013

11/12/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, inauguraron a conferencia final do proxecto ParkAtlantic no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega). Santiago de Compostela é xefe de fila deste proxecto, no que tamén participan as cidades francesas de Angers e Pau (esta por medio da Communauté d'agglomération Pau-Pyrénées, a irlandesa Limerick (a través do Mid-West Regional Authority), e portuguesa Vila Nova de Famalicão (coa que colabora a...

Ler máis

ECONOMÍA

Área Central acolle a segunda edición de Getting Contacts! en Santiago

11/12/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis; o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; e o presidente de AJE Galicia, Daniel Ramos, presentaron a segunda edición en Santiago de Getting Contacts!, organizada polo Concello de Santiago dentro do programa Santiago Investors Support, coa colaboración de AJE Galicia e Área Central. Celebrarase o venres 14 en Área Central a partir das 9:30 horas.

Ler máis

CULTURA

Máis de 30 propostas na programación cultural do Concello para este Nadal

11/12/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do Departamento de Cultura para este Nadal. Música clásica no Auditorio e unha nova edición do Todo Lírica; concertos de Compostela Rock, Íntimo&Acústico e Sons; dous espectáculos de Falabaratos; dous de Teatro&Danza e un apartado especial Infantil&Familiar, conforman esta programación pensada para satisfacer ao público de todas as idades e de todos...

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Loitando contra o estigma da enfermidade mental a través da arte

11/12/2012

Os concelleiros de Benestar Social, Paula Prado, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiron á inauguración da exposición A enerxía da Asociación son os seus socios, realizada polos membros da Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais. Estará aberta na Fundación Granell ata o 15 de decembro.

Ler máis

EDUCACIÓN

Rodrigo Romaní e a Concellería de Educación achegan a arpa aos máis novos

11/12/2012

O venres 14 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Teatro Principal un concerto de Rodrigo Romaní co título As arpas de Breogán, dedicado ao son da arpa céltica. Este evento está organizado pola Concellería de Educación para promover a participación dos escolares da cidade, do profesorado e das familias interesadas en achegarse ao mundo da música. A entrada é de balde, previa retirada da mesma no despacho de billetes do Teatro: de martes a xoves, de 18:00 a 21:00 horas, e o mesmo venres de 18:00 a...

Ler máis
Compartir: