ALCALDÍA

O centro de formación da Fundación Laboral converterá Santiago nunha referencia estatal en rehabilitación urbana

09/11/2012

O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, exerceu de anfitrión na sinatura do convenio entre o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e o presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad Losada; para a execución dun centro de formación en rehabilitación.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O colectivo Santiago(é)Noite entrega á Concellería de Benestar Social un vale de 1.000 euros para a Operación Cueiro

09/11/2012

A concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, recibiu nas instalacións de Hostalería Compostela un vale cambiable por cueiros por valor de 1.000 euros. O presidente de Santiago(é)Noite, Jesús Peón; o membro deste colectivo de Hostalería Compostela, Juan García; e o presidente de Restauración da Asociación, Jesús Sordo, realizaron a entrega.

Ler máis

CULTURA

Babaluva inicia a sección Infantil e Familiar de Teatro&Danza con "Cama e Conto"

09/11/2012

A programación do ciclo Teatro&Danza ten unha sección especial chamada Infantil e Familiar, que ofrece o seu primeiro espectáculo o sábado 10 na Zona "C". Trátase de Cama e Conto, de Gonzalo Moure, que pon en escena Babaluva en dúas sesión, ás 18:00 e ás 19:30 horas. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta a partir das 18:00 horas) ou na propia Zona "C" antes do evento. O prezo de cada entrada é de 5 euros, pero existe unha entrada familiar de 4x3 co cal...

Ler máis
Compartir: