PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Novas rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

16/11/2012

Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Cultura Viva, Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Os próximos itinerarios teñen como protagonistas o barrio de San Pedro, os espazos de arte e a auga.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Santiago acollerá en maio a final galega da segunda edición do Club de Debate

16/11/2012

O Club de Debate é un programa de promoción do uso da lingua que organizan conxuntamente os servizos de normalización lingüística de varios concellos. Co fin de por en marcha a segunda edición desta iniciativa, asinouse en Raxoi unha addenda ao protocolo de colaboración xa existente, no que participan os concellos de Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.

Ler máis

CULTURA

Micah P. Hinson & The Juniors Arts Collective e Timber Timbre en Cineuropa

16/11/2012

Continúa a programación de Cineuropa Concerto e o domingo 18 chegan a Compostela Micah P. Hinson & The Juniors Arts Collective e Timber Timbre para dar un concerto a partir das 20:00 horas na Sala Capitol. As entradas, a 17 €+gastos anticipada, e 21 € o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Ticketmaster, Ticketea e A reixa Tenda. Despois de Hinson estarán en Cineuropa Concerto a Real Filharmonía de Galicia, Kiko Veneno, Najwa Nimri, The Winning Numbers e Julio de la Rosa.

Ler máis

CULTURA

A Unión Musical de Cabral gaña a terceira sección do VI Certame Galego de Bandas

16/11/2012

Celebrouse a primeira xornada do VI Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia. A Unión Musical de Cabral resultou gañadora na terceira sección despois de que o xurado lle concedera 329 puntos, cun premio de 1.500 euros. En segundo lugar quedou a Banda de Música Santiago de Arteixo, con 291 puntos e un premio de 1000 euros, e no terceiro posto, con 266 puntos, a Banda de Música a Lira de Ribadavia, cun premio de 500 euros.

Ler máis
Compartir: