MULLER

Dezasete mulleres participaron no Curso de Autoprotección ante a Violencia de Xénero organizado polo CIM

15/11/2012

Clausurouse o Curso de Autoprotección ante a Violencia de Xénero que a Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia, organizou durante os días 7, 9, 12 e 14 de novembro. Asistiron 17 mulleres.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación de Nadal da Concellería de Centros Socioculturais

15/11/2012

A Concellería de Centros Socioculturais oferta un ano máis nas datas das vacacións escolares de Nadal un programa educativo de tempo libre que se desenvolverá nas mañás dos días 26, 27, 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, con horario de conciliación para as familias compostelás. Neste Nadal o rural tamén se incorpora a estes Campamentos Abertos de Nadal. O prazo de preinscrición comeza este venres, 16 novembro, e rematará o mércores 5 de decembro.

Ler máis

CULTURA

Cineuropa estrea en España "Centro Histórico", o filme de Pedro Costa, Víctor Erice, Aki Kaurismaki e Manoel de Oliveira

15/11/2012

Despois da súa estrea mundial hai tan só catro días no Festival de Roma, Centro Histórico chega a Cineuropa. A película, dirixida por catro mestres do cinema europeo (Pedro Costa, Víctor Erice, Aki Kaurismaki e Manoel de Oliveira) serve de marco para a entrega do Premio Cineuropa 2012 a Pedro Costa nesta XXVI edición do festival. É este un premio que posúen xa, entre outros, directores como José Luís Guerín, Manoel de Oliveira, Fernando Trueba ou Pablo Trapero e que este ano se lle entregará...

Ler máis
Compartir: