RELACIÓNS VECIÑAIS
A Casa das Asociacións estará en funcionamento antes do verán de 2008
Avanzan a bo ritmo as obras na Casa das Asociacións. Así se puido constatar na visita que realizou ás mesmas o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A falta dalgunhas obras complementarias e do equipamento posterior, o complexo poderá ser inaugurado entre a primavera e o verán de 2008.
DEPORTES
Destacados especialistas en xestión deportiva reuniranse en Compostela o 10 de novembro
O presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co concelleiro de Deportes, Andrés Fariña.
EDUCACIÓN E MOBILIDADE
Unha obra de teatro para amosar a importancia da educación viaria
Dentro da Campaña de Educación Viaria e na Autoprotección "¿Onde está o perigo?", programouse para o 5 de novembro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia, a representación da obra de teatro musical "133.6 FM. No espazo interior". Teñen confirmada a súa participación máis de 250 escolares de secundaria do IES Rosalía de Castro, Centro de Educación Especial O Pedroso, CPI dos Dices (Rois) e IES de Esparís (Brión).
CULTURA
O cellista Enrico Dindo, protagonista dun novo concerto da Real Filharmonía
Debido a unha lesión muscular, a actuación da coreana Han Na Chang, prevista na programación inicial da Real Filharmonía de Galicia para o xoves 8 de novembro, foi suspendida. No seu lugar será o italiano Enrico Dindo quen interpretará o "Concerto para violoncello en si menor" de Dvorák.
TURISMO
Martín Álvarez ensina a cociñar polbo en "Santiago de Compostela. Repetirás"
Ante unhas 25 persoas, Martín Álvarez, cociñeiro e profesor do IES de Vilamarín (Ourense), acompañado polos seus alumnos Damián e Simón, impartiu un obradoiro gastronómico sobre a cociña do polbo dentro do programa "Santiago de Compostela. Repetirás" na Galería Sargadelos.