CENTROS SOCIOCULTURAIS
A historia vai á Rocha
Despois do paso por San Pedro, o proxecto "A historia vai por barrios" chega á Rocha. Unha oportunidade para que os cidadáns coñezan a súa historia e se sensibilicen sobre o patrimonio material e inmaterial que herdaron. A mostra e diversas actividades de animación cultural conforman a iniciativa.
CULTURA
Cineuropa reuniu máis de 24.000 espectadores na súa XX edición
O festival de cinema Cineuropa amosou na súa XX edición que a vocación de converterse no maior festival de Galicia, coa que foi creado no 1986, se fixo xa realidade. Cineuropa foi capaz de congregar este mes de novembro, entre todas as salas, a un total de 24.795 espectadores, cifra non acadada por ningún outro festival de cinema galego.
CULTURA
O V Festival Agustín Magán reúne en Compostela a seis compañías de teatro afeccionado
O teatro afeccionado volve atopar, por quinto ano consecutivo, o seu espazo no Teatro Principal, no seo do festival Agustín Magán. Seis compañías galegas amosarán ante os espectadores o seu talento para a escena.