RELACIÓNS VECIÑAIS
Os veciños debaterán sobre o modelo de cidade
O urbanismo e o modelo de cidade son os tema sobre os que versará a cuarta edición das Xornadas do Asociacionismo Veciñal de Compostela. A cita é do 23 ao 25 de novembro no Centro Sociocultural das Fontiñas.
BENESTAR SOCIAL
O Concello cede temporalmente dúas vivendas á asociación ASPAS
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), Marcelo de la Cruz Luzón, asinaron un contrato no Pazo de Raxoi polo cal o Concello cede dúas vivendas de xeito temporal.
TRANSPORTES
Reordenación dos servizos de transporte comarcal na rúa da Rosa
A Xunta de Goberno local aprobou a reordenación dos servizos de transporte urbano e comarcal que coinciden na rúa da Rosa. Deste xeito delimítanse as paradas en función das tres marquesiñas colocadas á altura dos números 8, 12 e 16 desta rúa.
INFRAESTRUTURAS
O Concello solicita a Fomento unha prórroga do convenio de estradas urbanas para rematar as obras pendentes
O Goberno local acordou solicitar ao Ministerio de Fomento a prórroga do Convenio para o financiamento das obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do Estado en Santiago ata decembro de 2007. O obxectivo é que se poidan executar as obras correspondentes aos puntos quilométricos 61,995 ao 62,940, da N-550 (tramo do carril de servizo entre a rotonda de Fontiñas e a da Avenida de Lugo).
INFRAESTRUTURAS
Adxudicada a redacción do proxecto para a reurbanización das rúas Montero Ríos e Doutor Teixeiro
A Xunta de Goberno local adxudicou a asistencia técnica para a redacción do proxecto da reurbanización da rúa Montero Ríos (tramo Rosalía de Castro-Doutor Teixeiro) e da reurbanización da rúa Doutor Teixeiro (tramo Montero Ríos-Praza Ponte Castro). O importe do mesmo é de 127.600 euros e estará listo en catro meses e medio.
ALCALDÍA
Compostela, coa cultura do mar
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no seu despacho de Raxoi ao presidente da asociación cultural "Mar de Noia", Félix González Túñez. Na xuntanza falaron do traballo que realiza esta entidade, que dende decembro a xaneiro traerá a Compostela a "Exposición do mar"
DEPORTES
O pavillón Pío XII contará con novas instalacións fronte a humidade
Co fin de facer fronte a aparición de humidades sobre a pista do pavillón Pío XII, aprobouse a adquisición de deshumidificadores e calefactores de aire. Tamén se procederá a mercar acumuladores para calefacción nos vestiarios.
CULTURA
A estatua de Montero Ríos trasládase durante dous días á Praza do Obradoiro
Co fin de realizar a intervención do artista portugués André Guede, o marco da iniciativa "A cidade interpretada", a estatua de Montero Ríos mudará temporalmente a súa ubicación. Durante dous días, o monumento desprazarase dende a Praza de Mazarelos á do Obradoiro, onde será fotografada.
BENESTAR SOCIAL
O alcalde inaugura o curso das Aulas da Terceira Idade de Santiago
O alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo asistiu á inauguración do curso 2006/07 das Aulas da terceira Idade de Santiago. Ao acto asistiron tamén a Secretaria Xeral do Benestar, Mª Xesús Lago Vilaboa, e a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira.