XUNTA DE GOBERNO
O Concello incrementa nun 50% a asignación ao programa municipal de Axuda a Domicilio
A proposta da concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, a Xunta de Goberno local deulle o visto bo á modificación do contrato de prestación do servizo de Axuda no Fogar subscrito coa empresa Geriatros, no senso de ampliar o número de usuarios.
REFUXIO
A Fundación Refuxio de Animais aproba a resolución das probas de selección para contratar novo persoal
Os membros da Fundación Refuxio de Animais, baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuníronse esta mañá en sesión ordinaria na Casa do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde viaxa a Las Palmas para apoiar a súa declaración como Patrimonio da Humanidade
Sánchez bugallo pronunciará, a petición do concello de Las Palmas, unha conferencia de apoio e asesoramento no proceso de solicitar á UNESCO que os barrios de Triana e Vegueta sexan declarados Patrimonio da Humanidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Noventa e unha persoas vanse reisertar laboralmente no 2006 grazas aos Programas de Cooperación do Concello e a Consellería de Traballo
Destas personas, 55 son mulleres, o que representa o 60%, e 36 homes. A través destes programas, que se extenderán ata setembro de 2007, está prevista a incorporación ao mercado laboral de 144 desempregados.
CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio acorda destinar máis de 82 millóns de euros para o desenvolvemento da programación plurianual 2007-2010
Os investimentos, que teñen por obxecto fomentar as iniciativas que relacionen a política de protección patrimonial da Cidade Histórica coas de vivenda, emprego, benestar social e protección ambiental, deben ser aprobados polo Consello de Administración
SANIDADE
O doutor Tojo Sierra abre o primeiro ciclo de conferencias Alimentación e Saúde que organiza a concellaría de Sanidade
O profesor, e doutor do Hospital Clínico, Rafael Tojo Sierra dará mañá unha conferencia ás 20.00 h. no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche. A charla, na que Tojo falará sobre recomendacións nutricionais para a infancia e a adolescencia e a prevención da obesidade, inaugura o 1º Ciclo de Conferencias Alimentación e Saúde que organiza a Concellaría de Sanidade e Consumo do Concello de Santiago. O departamento de Sanidade busca achegarse aos mitos e realidade da alimentación actual e pretende informar...