CULTURA
Varios artistas composteláns seguen a participar en Cuba no evento "Os Camiños de Santiago"
A Sala Dolores, cuarta sala con mellor acústica do mundo, foi o lugar elixido polos músicos de Narf para presentar o seu traballo en Cuba. Os sons da guitarra de Marcos Teira, a voz e a guitarra de Fran Pérez e a percusión de Pepe Sendón soaron mellor que nunca nunca nunha sala chea de santiagueros que gozaron da música galega. Este concerto enmárcase dentro do evento "Os Camiños de Santiago" que a Concellaría de Cultura está a celebrar na cidade de Santiago de Cuba e que vai xa pola súa terceira...
CASCO HISTÓRICO
O acondicionamento da Praza de Cervantes estará listo nuns catro meses
A Xunta de Goberno local adxudicou as obras de acondicionamento da Praza de Cervantes e do seu contorno. As obras, teñen un período de execución de tres meses e un orzamento de 341.672 euros.
DEPORTES
Máis de 40.000 euros en subvencións para actividades deportivas
Un total de 22 clubs e asociacións deportivas da cidade repartiranse 40.027 euros para o desenvolvemento de actividades deportivas puntuais. Trátase da segunda quenda destas axudas, que permitirán a organización de diversos eventos deportivos na cidade.
BENESTAR SOCIAL
Os maiores de Compostela disporán dun servizo de lavandería
A Concellaría de Benestar Social pon en marcha un servizo de lavandería sobre rodas para persoas maiores ou con problemas familiares. Ademais, o departamento tamén vai a lanzar un servizo de comedor.
EDUCACIÓN
As novas tarifas da Escola Infantil de Fontiñas atenden a criterios sociais
A Xunta de Goberno aprobou as novas tarifas da Escola Infantil Municipal de Fontiñas. As tarifas teñen en conta os niveis de renda per cápita mensual da unidade familiar e mesmo poden chegar á gratuidade para as familias con menores ingresos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Plan de Excelencia Comarcal promoverá un comercio competitivo e de calidade
O presidente da Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar, e o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias asinaron un convenio de colaboración para financiar a execución do Plan de Excelencia Comercial. O orzamento do proxecto ascende a 289.022 euros, 146.238 aportados polo Concello e o resto pola Deputación. Ao marxe dos servizos e accións incluídos no Plan, a Concellaría destina case 100.000 euros máis...
ALCALDÍA
Toma de posesión dos novos bombeiros
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a toma de posesión dun novo grupo de bombeiros. Despois do seu período de prácticas, incorpóranse ao seu posto no Servizo Municipal de Bombeiros.
EDUCACIÓN
Os alumnos do CEIP López Ferreiro disfrutan das reformas do centro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, realizaron unha visita ao Colexio López Ferreiro, despois da reforma integral do centro. En total actuouse sobre 4.142 metros cadrados de superficie, cun custo de 1.588.474, 45.