ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao matemático Michael F. Atiyah
A Casa do Concello recibiu unha ilustre visita, a de Sir Michael F. Atiyah, probablemente o matemático vivo máis importante do mundo. O alcalde Sánchez Bugallo recibiuno e convidouno a asinar no Libro de Ouro do Concello.
CULTURA
A estatua de Montero Ríos mira á Catedral
"A visita de Eugenio" é o título da proposta do artista portugués André Guede para o proxecto "A cidade interpretada". A mesma consiste no traslado temporal da estatua de Montero Ríos dende a Praza de Mazarelos á do Obradoiro, o mesmo punto onde estivera colocada oitenta anos antes.
URBANISMO
Compostela contará coa maior área empresarial de Galicia
Os plans de sectorización dos solos industriais 37.3 (Costa Vella) e 38 (Formarís) irán a un pleno extraordinario o xoves 16, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tralo seu paso pola Comisión de Urbanismo, darase así o visto bo definitivo a dous proxectos que permitirán ofrecer aos empresarios composteláns uns 400.000 metros cadrados máis de solo industrial no ámbito do Polígono do Tambre. Unha actuación máis para conseguir a maior parque empresarial de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Mozos e mozas teñen unha cita solidaria nas salas de estudo
O Concello de Santiago, a través da súa rede de centros socioculturais, e a Universidade de Santiago colaboran na "IV Olimpiada Solidaria do Estudo", unha innovadora acción de educación e sensibilización, que pretende recaudar fondos para proxectos solidarios. Estas dúas institucións achegarán un euro por cada hora de estudo nas salas habilitadas ao efecto. A iniciativa está promovida pola ONG Coopera-Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Plan de Acción Local polo Emprego marca o camiño para a redución do paro en Santiago
A Concellaría de Promoción Económica vén de asinar o Plan de Acción Local polo Emprego cos principias axentes vinculados ao desenvolvemento do mercado laboral en Compostela. Este Plan é o marco que recolle as políticas de emprego e promoción económica que se desenvolverán no municipio.
TURISMO
"Time out" elixe a Compostela coma un dos mellores destinos urbanos
A máis prestixiosa revista británica dedicada ao tempo libre publicou un especial chamado "European breaks: The top 100 destinations", no que escolle a Santiago de Compostela como unha das mellores "escapadas" curtas dende a capital británica.
UMAD
Os colexios da cidade participan nun curso de habilidades sociais
Un total de 21 centros educativos de Compostela están a participar no Programa de prevención de Drogodependencias "Habilidades sociais" neste curso 2006/2007.