CIDADE
Unha recepción aos maiores abre os actos do XX aniversario da designación de Santiago como Patrimonio da Humanidade
Hoxe, xoves 1 de decembro, comezan os actos conmemorativos do XX aniversario da designación de Santiago como Patrimonio da Humanidade, cunha recepción no Hostal dos Reis Católicos ás persoas maiores de Santiago que contribuíron a conservar a nosa cidade histórica. No acto entregarase aos asistentes o cd "A voz dos maiores", editado pola concellería de Benestar Social e que recolle a testemuña oral das vivencias e lembranzas de trinta homes e mulleres dos barrios de Fontiñas e Pontepedriña.
CIDADE
Santiago recibe o primeiro premio Cidade Patrimonio da Humanidade 2005 do Ministerio de Cultura
O Ministerio de Cultura concedeu á cidade de Santiago de Compostela o primeiro Premio de Cidades Patrimonio da Humanidade 2005 pola súa labor constante na conservación e rehabilitación do casco histórico.
EDUCACIÓN
Un alumno do Colexio Vilas Alborada, gañador do concurso de carteis Nadal 2005
Máis de 3.100 carteis de 23 centros de ensino infantil foron presentados ao "Concurso de carteis e programa de Nadal 2005" convocado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. O cartel gañador nesta edición foi o presentado polo neno Martín López Prego, de 5 anos de idade, alumno do Colexio Vilas Alborada.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
O proxecto Persoa III formará a 90 participantes na atención a persoas
Noventa usuarios participarán no proxecto, deseñado coma un proceso formativo e de acompañamento integral para mellorar a cualificación dos profesionais do sector dos servizos de atención ás persoas en Santiago.