CEMITERIOS
O cemiterio de Boisaca, a punto para as visitas do Día de Defuntos
O horario do cemiterio desde o 29 de outubro ata o 2 de novembro será de 9 a 19 horas e haberá servizos extra de autobuses.
ALCALDÍA
Os veciños de Busto expoñen ao alcalde as súas peticións
A ampliación da vella ponte do ferrocarril, actualmente en desuso, foi unha das principais peticións que os veciños da parroquia de Busto manifestaron ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, no transcurso dunha visita a esta parroquia.
INFRAESTRUTURAS
A rede de saneamento da rúa de Teo será renovada
O Plan de Grandes Cidades-2005 elaborado pola Deputación Provincial de A Coruña asignou ao concello de Santiago 1.000.000 euros para proxectos de renovación ou instalación de infraestruturas.
CULTURA
Don Quixote, protagonista dun concerto da Real Filharmonía de Galicia
O xoves 3 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, renderá homenaxe á obra de Miguel de Cervantes Don Quixote da Mancha interpretando as obras de Telemann, Don Quixote (Suite); de Gerhard, Danzas de Don Quixote e de Falla, El retablo de Maese Pedro. Para a ocasión se contará coa colaboración das voces de Carmen Gurriarán, soprano; Miguel Bernal, tenor, Augusto Brito, barítono e a representación escénica por conta de Os...
EDUCACIÓN E MOCIDADE
O estadio de San Lázaro acondiciona os seus locais de ensaio musicais
Desde finais de outubro están adecuados para o ensaio de grupos musicais e dotados de novo instrumental. Para ter acceso a estes locais, ha de cumplimentarse un impreso de solicitude.
EDUCACIÓN
Volven os concertos didácticos ao Auditorio
O mércores día 2 haberá, en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 horas unha actuación da Real Filharmonía de Galicia xunto aos Monicreques de Kukas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Un euro por unha hora de estudo para financiar proxectos educativos solidarios
Baixo o lema "Se estudas cooperas... por unha hora do teu estudo destínase 1 € para un proxecto educativo nun país en vías de desenvolvemento" a ONG Coopera - Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo, coa colaboración do Concello de Santiago, quere promover a interacción entre a solidaridade, educación e xuventude na nosa cidade.