CIDADE
Compostela celebra o Día de Internet
A Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración co Concello de Santiago, instalou unha carpa na Praza da Quintana con motivo da celebración do "Día de Internet", o 25 de outubro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Iglesias viaxará a Venezuela para entrevistarse con empresarios galegos
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) planificará diversos encontros do concelleiro de Promoción Económica e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, con empresarios venezolanos. A Xunta de Goberno Local do luns 24 de outubro aprobou un orzamento de 11.433 euros para este traballo, en forma de asistencia técnica.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebran o magosto
Máis de cen rapaces disfrutaron de xogos e castañas no Centro Sociocultural de A Gracia.
TURISMO
Santiago e Qu Fu (China) asinan un Protocolo de Intencións de cara ao seu irmanamento
Qu Fu e Santiago de Compostela teñen en común un patrimonio ben conservado, con singulares valores históricos, arquitectónicos e culturais e que foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
ALCALDÍA
Encarna Otero visita o Concello e a Oficina de Rehabilitación
A directora xeral de Fomento e de Calidade de Vivenda, Encarna Otero, ex concelleira de Muller no concello de Santiago, visitou a Casa do Concello para falar co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre os proxectos de futuro e a colaboración entre o concello e a Xunta. Logo de visitar Raxoi, Otero desprazouse á Oficina de Rehabilitación xunto á concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón.