BENESTAR SOCIAL
Colectivos e asociacións participan nunha xornada arredor da imaxe corporativa e a comunicación nas organizacións sociais
Baixo o título Imaxe e comunicación nas organizacións sociais a concellaría de Benestar Social organizou unha xornada arredor de como actividade das entidades e organizacións sociais baseadas en valores deben ser resultado e ir en consonancia cunha identidade definida.
CULTURA
Unha mostra reúne os libros e publicacións da mítica editorial "Nós"
A mostra "Os artistas de Ánxel Casal. Arte e edición nunha Galiza entusiasmada" inaugúrase o xoves 20 de outubro ás 20.30 horas na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
O concello entrega os premios Educacompostela
Na súa terceira edición, o primeiro premio recaeu nos mestres do CEIP Serra de Outes, que elaboraron material para ensinar a ler e escribir en galego ao alumnado con dificultades de aprendizaxe.
VIVENDA E SOLO
O impulso da área produtiva e loxística da Sionlla será "prioritario" para a Consellería de Vivenda e Solo
A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo mantiveron unha xuntanza onde abordaron o desenvolvemento do solo industrial e urbano de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Xornada técnica para presentar o Proxecto Equal Compostela
Coincidindo co inicio da fase de execución do Proxecto Equal, e coa finalidade de dalo a coñecer aos axentes políticos, económicos, sociais e medios de comunicación, desenvolverase unha Xornada técnica de presentación do Proxecto Equal Compostela Social no Auditorio de Galicia o xoves 20 de outubro.