XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local aproba as obras complementarias que permitirán por en marcha o catalizador cultural de Belvís

31/10/2014

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de actuacións previas á posta en funcionamento do catalizador cultural de Belvís. Segundo explicou o alcalde, Agustín Hernández, construirase unha plataforma de 40 metros cadrados na fachada norte, que funcionará como terraza elevada a xeito de miradoiro sobre o parque, á altura do forxado da planta alta.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello reparte 200.000 euros entre 49 clubs deportivos federados

31/10/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno da relación de contías e dos clubs beneficiarios das subvencións para o fomento do deporte federado no ano 2014. Repartiranse 200.000 euros entre 49 clubs ou asociacións deportivas. (Xúntase listaxe).

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O CIAC organiza en novembro unha mostra fotográfica, un obradoiro sobre experimentos científicos e un roteiro por Belvís

31/10/2014

No mes de novembro, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) acolle a exposición de fotografía Investigarte, no marco da cal organiza o obradoiro para cativos Experimentos científicos moi artísticos. Tamén está previsto o relatorio Os cogomelos nos parques e nos arredores da cidade, dentro do ciclo Biodiversidade na cidade, e un roteiro polo parque de Belvís.

Ler máis

EDUCACIÓN

O vindeiro martes celebrarase o acto de entrega do VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

31/10/2014

O acto de entrega do VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados 2014 celebrarase este martes 4 de novembro, ás 19:00 horas, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías Santiago. O evento estará presidido polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e contará tamén coa presenza da concelleira de Educación, María Corral, e do director da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros.

Ler máis

PLENO

O período medio de pago a provedores situouse en setembro en menos de 27 días

31/10/2014

O Goberno local deu conta ao Pleno do informe do período de pago medio a provedores por parte da Administración municipal correspondente a setembro de 2014, situado neste intre en 26,81 días. Na sesión ordinaria de outubro tamén se aprobou unha bonificación do ICIO á Fundación Catedral e unha reforma da modificación puntual do PXOM no relativo á regulación das situacións fóra de ordenación.

Ler máis

CULTURA

A 28ª edición de Cineuropa exhibirá 227 filmes do 9 ao 30 de novembro

30/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Cultura, María Antón; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentou en rolda de prensa a 28ª edición de Cineuropa, que se celebra na cidade do 9 ao 30 de novembro. Poderemos ver un total de 227 películas no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e Afundación de Abanca. Ademais, tamén se anunciaron os premiados deste ano que estarán en Compostela para recibir o seu galardón: a actriz Bárbara Lennie, o realizador...

Ler máis
Compartir: